"ECL" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 108.

      1. Cada unha das pequenas pancas dos instrumentos do teclado sobre as que se apoia o dedo do instrumentista para accionar o mecanismo que permite a produción do son desexado. Adoitan ser de cor branca para os sons da escala diatónica natural e de cor negra para os sons cromáticos.

      2. Cada un dos botóns que, dispostos nunha orde determinada e premidos cos dedos, serven para accionar os mecanismos dunha máquina de escribir, dun ordenador ou dunha linotipia.

    1. Cada un dos elementos que hai que ter en conta para a consecución dun fin.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto das teclas dun instrumento musical ou dunha máquina.

    2. Periférico dun ordenador constituído por un conxunto de teclas activables manualmente e a miúdo dispostas como as dunha máquina de escribir. Adoitan estar formados por unha parte central, a máis extensa e análoga ao teclado dunha máquina de escribir corrente (o teclado máis usual é o QWERTY, o AZERTY emprégase en Francia). Ten ademais algunha tecla especial como ALT, CTRL ou ESC. As outras dúas partes do teclado, formadas por teclas auxiliares e as de funcións, numeradas de F1 a F12, están dispostas na parte superior do teclado principal ou alfanumérico. As teclas auxiliares están á dereita do teclado principal e comprenden as catro teclas de control do cursor (marcadas con frechas), o teclado numérico (de 0 a 9) e algunhas teclas especiais, como as de borrar caracteres, de avance e de retroceso de páxina, e de inicio e de final.

    3. Teclado que se adapta á posición natural das mans debido a un deseño especial, de maneira que as teclas que se empregan coa man esquerda non van aliñadas coas que se usan coa dereita, como sucede nos teclados estándar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Accionar as teclas dun instrumento musical, dunha máquina ou dun ordenador preméndoas cos dedos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de teclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro social de carácter rural que xurdiu a partir de 1962 a semellanza dos cineclubs, e dotado de televisión, tocadiscos e unha pequena biblioteca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado na Guarda a partir do 30 de abril de 1911. Cesou o 4 de setembro de 1920 (nº 485). De carácter conservador e católico, contou con moitos colaboradores no ámbito literario, sobre todo poetas. Cesou por dificultades económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Murcia, situado no límite cos comunidades autónomas de Castela-A Mancha e Valenciana (30.824 h [2001]). É un centro agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO