teclado
(
-
s
m
Conxunto das teclas dun instrumento musical ou dunha máquina.
-
s
m
[INFORM]
Periférico dun ordenador constituído por un conxunto de teclas activables manualmente e a miúdo dispostas como as dunha máquina de escribir. Adoitan estar formados por unha parte central, a máis extensa e análoga ao teclado dunha máquina de escribir corrente (o teclado máis usual é o QWERTY, o AZERTY emprégase en Francia). Ten ademais algunha tecla especial como ALT, CTRL ou ESC. As outras dúas partes do teclado, formadas por teclas auxiliares e as de funcións, numeradas de F1 a F12, están dispostas na parte superior do teclado principal ou alfanumérico. As teclas auxiliares están á dereita do teclado principal e comprenden as catro teclas de control do cursor (marcadas con frechas), o teclado numérico (de 0 a 9) e algunhas teclas especiais, como as de borrar caracteres, de avance e de retroceso de páxina, e de inicio e de final.
-
teclado ergonómico
[INFORM]
Teclado que se adapta á posición natural das mans debido a un deseño especial, de maneira que as teclas que se empregan coa man esquerda non van aliñadas coas que se usan coa dereita, como sucede nos teclados estándar.