"EDES" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 108.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Santiago de Compostela 1.6.1949) Historiador. Doutor en Historia de América (1990), foi profesor na Universidad Católica de Uruguay (1980, 1982) e desde 1991 exerce na Universidade de Vigo. Estudou, entre outros temas, a emigración galega cara a América. Foi presidente do consello asesor de RTVE en Galicia e secretario xeral técnico da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Coautor de diversos libros e publicacións, como Galicia & América. Five Centuries of History (1992), El Tercio de Voluntarios Gallegos en la defensa de Buenos Aires (1996), Consolidación republicana en América Latina (2000) e Asociacionismo galego no exterior (2001), das súas obras destacan San Cristobo de Xavestre. Chequeo a unha comunidade rural (1982), Alfredo Somoza. Encadramento histórico dunha figura esquecida do galeguismo (1987), El Brasil de Vargas (1998), A Emigración (1989) e Galeguidade e cultura no exterior...
-
PERSOEIRO
Cantautora. Coñecida como La Negra, está considerada unha das voces máis destacadas da música hispanoamericana. En 1963 participou na creación do Movimiento Nuevo Cancionero, unha corrente renovadora do folclore. Exiliouse en 1979 en París e Madrid por mor da ditadura en Arxentina. Actuou por todo o mundo e participou en diversos filmes, como Güemes, la tierra en armas (1971) e Historias de Argentina en Vivo (2001). Da súa ampla discografía destaca, Canciones con fundamento (1965), Para cantarle a mi gente (1967), El grito de la tierra (1970), Homenaje a Violeta Parra (1971), Traigo un pueblo en mi voz (1973), Mercedes Sosa interpreta a Atahualpa Yupanqui (1977), De mi (1991), Al despertar (1998) ou Misa criolla (2000). Recibiu a medalla de ouro da Orde do Comendador das Artes e das Letras do Ministerio de Cultura de Francia (1989), a Orde do Mérito da República Federal de Alemaña...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesora. Doutora en Filosofía e Ciencias da Educación, presidiu a Nova Escola Galega. Das súas obras destacan Institución escolar e medio ambiente (1982), Deseño curricular e investigación do medio (1990) e A educación en España durante o Sexenio Revolucionario (1868-1874), debates, aspiracións e realidades (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. A súa obra encádrase dentro do postexpresionismo, influída polas últimas tendencias de Henri Matisse. Caracterízase polo uso dunha gama de cores planas, das que destacan os verdes, amarelos e carmíns, cun debuxo mínimo e onde a cor é a protagonista. Participou, entre outras exposicións, na Mostra Unión Fenosa e en 1991 obtivo o primeiro premio no concurso Carlos Maside do concello de Pontecesures.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesora. Foi profesora na Escuela Normal de Madrid e directora da Escola Normal da Coruña. Nas primeiras décadas do s XX desenvolveu un intenso traballo como pedagoga, escritora e conferenciante. Presidiu a sección de socioloxía do Ateneo, colaborou no Álbum artístico literario do século XX e pertenceu á redacción da Gaceta de Instrución Pública. Publicou Aritmética elemental (1986), en colaboración con María de la Rigada, e La mujer como factor indispensable en la lucha social. Recibiu a Cruz de Alfonso XIII e foi académica correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Coñecida como Mecha Ortiz, da súa numerosa filmografía destacan Mujeres que trabajan (1938), El gran secreto (1942), Camino del infierno (1945), Cartas de amor (1951), Bendita seas (1956), Boquitas pintadas (1974) e Piedra libre (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (31.248 h [2001]). É unha vila mercantil e comercial, onde os seus polígonos industrias esténdense ata os termos veciños.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formado en Madrid, a súa pintura é realista e caracterízase polo dominio técnico, en especial do debuxo, e pola captación da psicoloxía dos personaxes. Cultivou o retrato, as naturezas mortas, sobre todo de animais, a paisaxe e os tipos populares. Destacan as obras, Autorretrato, Muller aldeá e Neno do niño.
VER O DETALLE DO TERMO