Sosa, Haydeé Mercedes
Cantautora. Coñecida como La Negra, está considerada unha das voces máis destacadas da música hispanoamericana. En 1963 participou na creación do Movimiento Nuevo Cancionero, unha corrente renovadora do folclore. Exiliouse en 1979 en París e Madrid por mor da ditadura en Arxentina. Actuou por todo o mundo e participou en diversos filmes, como Güemes, la tierra en armas (1971) e Historias de Argentina en Vivo (2001). Da súa ampla discografía destaca, Canciones con fundamento (1965), Para cantarle a mi gente (1967), El grito de la tierra (1970), Homenaje a Violeta Parra (1971), Traigo un pueblo en mi voz (1973), Mercedes Sosa interpreta a Atahualpa Yupanqui (1977), De mi (1991), Al despertar (1998) ou Misa criolla (2000). Recibiu a medalla de ouro da Orde do Comendador das Artes e das Letras do Ministerio de Cultura de Francia (1989), a Orde do Mérito da República Federal de Alemaña (1989) e o Premio CAMU-UNESCO (1995).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : San Miguel de Tucumán, Arxentina