"Gil" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 160.
-
PERSOEIRO
Bioquímico estadounidense. Traballou nas universidades de Charlottesville e Dallas. En 1987 demostrou que as proteínas G actuaban coma mensaxeiros secundarios na transmisión de sinais, activando e desactivando certos procesos biolóxicos. En 1994 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, que compartiu con Martin Rodbell.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor inglés. Foi un dos fundadores do Camden Town Group e primeiro presidente do London Group. Cultivou o retrato, o bodegón, a paisaxe e temas relacionados coa clase traballadora. Recibiu a influencia postimpresionista no emprego dunha paleta brillante e da simplificación de planos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Fundou en 1929 o Institute of Medieval Studies de Toronto. Centrou os seus estudios no tomismo, do que estudiou a primacía da existencia na concepción do ser, e na análise do trasfondo medieval na filosofía moderna. Das súas obras destacan Le Thomisme (1922), L’Esprit de la philosophie médiévale (1932) e D’Aristote à Darwin et retour (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e crítico musical. Fundador da Revue Musicale Belge, compuxo a ópera Prinses Zonneschijn (1903) e poemas sinfónicos. Foi Premio de Roma (1889).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor e político, irmán de Francisco Giner de los Ríos. Baixo a influencia krausista, colaborou coa Institución Libre de Enseñanza, onde deu clases de retórica. Militou no partido republicano e no radical, e en máis dunha ocasión foi elixido deputado a Cortes e tenente de alcalde de Barcelona. A súa actuación na comisión de cultura de Barcelona caracterizouse polo impulso da infraestrutura escolar, das colonias escolares, das bibliotecas e das campañas para impulsar o laicismo, onde sempre defendeu o criterio de neutralidade relixiosa. Escribiu sobre arte e pedagoxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Sacerdote dominicano, foi nomeado cronista de Filipe III en 1612. Das súas obras destacan Historia de la vida y hechos del rey don Enrique III de Castilla (1638), Teatro de las Iglesias de España (1643-1650) e Historia de Felipe III (1777).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Doutor en Dereito, foi catedrático de Dereito Civil da Universidad Complutense de Madrid. Foi senador por designación real e presidente das Cortes Generales Constituyentes (1977-1979). Presidiu o Consejo de Estado (1982-1986), o Consejo General del Poder Judicial, o Tribunal Supremo (1985-1986) e a Real Academia de Jurisprudencia y Legislación. Das súas obras destaca Reflexiones sobre el derecho foral y la unificación del derecho (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Autodidacta, despois de dúas estadías en Madrid (1931 e 1934) relacionouse con Jorge Guillén, Pablo Neruda e Vicente Aleixandre, que lle facilitaron o acceso ás publicacións Cruz y Raya, Caballo Verde e Revista de Occidente. Durante a Guerra Civil foi comisario de cultura do batallón de El Campesino e colaborou en El Mono Azul, Hora de españa e Nueva Cultura. En poesía escribiu Perito en lunas (1933), El rayo que no cesa (1936), Viento del pueblo (1937), El hombre acecha (1939), Cancionero y romancero de ausencias: 1938-1941 (1958), e en teatro, Quién te ha visto y quién te ve (1934) e Los hijos de la piedra (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta grego. É autor dunha descrición dunha peste que asolou a illa de Rodas entre 1448-1450 e dunha versión da lenda de Belisario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ostān de Irán (15.563 km2; 610.290 h [estim 2001]). A súa capital é Boyer Ahmad (69.133 h [1996]).
-
PERSOEIRO
Pintor. Formado con Peter Lely, foi retratista da burguesía intelectual. Das súas obras destacan Retrato de Le Brun (1686), La familia del pintor e Exvoto a santa Xenoveva, retrato colectivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico estadounidense. Realizou, xunto con Kossel e Langmuír, estudios sobre o enlace dos átomos por dobretes electrónicos e a teoría da valencia en xeral, que deron como resultado o modelo de átomo cúbico estático para explicar a teoría do octeto. Introduciu un novo concepto de ácido e base, denominados ácido de Lewis (moléculas que aceptan pares de electróns) e base de Lewis (moléculas que ceden pares de electróns), e formulou a teoría que leva o seu nome, segundo a que o enlace covalente se debe ao compartimento de pares de electróns entre os átomos dunha molécula. Tamén conseguiu illar o deuterio e obter auga pesada pura (combinando osíxeno e deuterio).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Estudiou debuxo, pintura e escultura na Escola de Artes e Oficios da Fundación Bolaño Rivadeneira (Lugo) e gravado e muralismo en academias de arte de São Paulo (Brasil) co mestre Anderson Fabiano. Realizou obras de carácter simbólico e outras surrealistas, caracterizadas pola precisión do debuxo e da cor. Nos seus lenzos presenta o home liberado e espido en contacto permanente coa natureza, coa verdade e coa luz. Realizou diversas exposicións individuais e participou en mostras colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo. Colaborou en numerosas investigacións científicas, principalmente nas relacionadas co petróleo. Foi colaborador tamén do Mapa xeolóxico de España (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote e escritor. Especializado en libros xuvenís e cunha clara orientación moral, da súa produción literaria destacan La vida sale al encuentro (1955), Tierra Brava (1958), El delito es ser mujer (1983), El sexo de los ángeles (1987) e La gestión de un líder (1994). Recibiu o Premio Ciudad de Oviedo por Sexta Galería (1960) e o Premio Pérez Galdós por Réquiem a cinco voces. Tamén foi premiado en dúas ocasións pola Oficina Católica de París á mellor novela estranxeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Conselleiro de Estado, catedrático emérito da Universidade da Coruña, foi secretario xeral técnico da Presidencia do Goberno (1969-1973) e conselleiro do Reino (1977). Foi presidente do Instituto Nacional de Reforma e Desenvolvemento Agrario (1976-1977), e do Banco de Crédito Agrícola (1978-1981), fundador e secretario do Partido Galego Independente e deputado pola UCD (1977-1982). Foi o primeiro reitor da Universidade da Coruña (1990-2003) e vicepresidente da Conferencia de Rectores de Universidades Españolas. Colaborou na redacción da Constitución de 1978, como autor da disposición transitoria segunda sobre as nacionalidades históricas, e na do Estatuto de Autonomía de Galicia. Publicou El mutualismo laboral: un estudo jurídico (1963), La distinción entre norma y acto administrativo (1967), La cláusula de progreso de los servicios públicos (1968), Escritos sobre la transición política española (1979), El Estatuto gallego. Por fin unha...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito francés. Coñecido, sobre todo, pola súa obra filolóxica, tamén realizou madrigais, epigramas e églogas. Da súa produción destacan Origines de la langue française (1650), Ditionnaire étymologique de la langue française (1694), Observations sur la langue française (1672-1676) e postumamente Menagria (1693).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista. En 1932 ingresou na Unión Regional de Derechas da Coruña, da que foi elixido presidente (1933). Actuou de enlace entre as organizacións locais e a CEDA, formación política pola que foi deputado (1935-1936). Foi decano do Colexio de Avogados da Coruña (1959-1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Bielorrusia, situada á dereita do Dniéper (371.254 [1999]). A súa economía baséase nas fábricas metalúrxicas, de automóbiles e de industrias químicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Bielorrusia (29.100 km2; 1.246.800 h [estim 1997]). A súa capital é Mogil’ov.