Meilán Gil, Xosé Luís
Xurista e político. Conselleiro de Estado, catedrático emérito da Universidade da Coruña, foi secretario xeral técnico da Presidencia do Goberno (1969-1973) e conselleiro do Reino (1977). Foi presidente do Instituto Nacional de Reforma e Desenvolvemento Agrario (1976-1977), e do Banco de Crédito Agrícola (1978-1981), fundador e secretario do Partido Galego Independente e deputado pola UCD (1977-1982). Foi o primeiro reitor da Universidade da Coruña (1990-2003) e vicepresidente da Conferencia de Rectores de Universidades Españolas. Colaborou na redacción da Constitución de 1978, como autor da disposición transitoria segunda sobre as nacionalidades históricas, e na do Estatuto de Autonomía de Galicia. Publicou El mutualismo laboral: un estudo jurídico (1963), La distinción entre norma y acto administrativo (1967), La cláusula de progreso de los servicios públicos (1968), Escritos sobre la transición política española (1979), El Estatuto gallego. Por fin unha Terra nosa (1980), O Dereito Estatutario Galego (1988), La ordenación jurídica de las autonomías (1988), Galicia siempre (1990), Administración Pública en perspectiva (1996) e La construción del Estado de las autonomías. Un testimonio personal (2002). Membro da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Recibiu o Premio Fernández Latorre de xornalismo e foi galardoado coa Medalla de Ouro de Galicia (2003).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña