"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • Organización mariñeira fundada en 1924 en Viveiro como consecuencia da crecente importancia da industria pesqueiro-conserveira na localidade. En Viveiro non existía ningunha organización mariñeira, e os elementos conservadores locais alentaron e organizaron esta sociedade para cubrir o baleiro deixado polo sindicalismo obreiro, tentando impedir a súa introdución neste porto, nunha etapa de grande espallamento do sindicalismo obreiro de clase (1910-1930). O obxectivo principal desta organización mariñeira era a beneficencia entre os asociados e a resolución cooperativa dos problemas do sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación constituída polas empresas publicitarias máis importantes do mundo co fin de dar a coñecer os seus traballos e promover iniciativas que contribúan a desenvolver novas técnicas no cine publicitario. Entre as súas actividades destaca a organización do Festival Publicitario de Cannes, que se celebra anualmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio do Canadá, nas montañas Rochosas, de 3.618 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Referente ao que se expresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica francesa. Comezou a súa carreira en 1933 como asistenta de dirección de Pabst, Delannoy e Ophüls. Dirixiu, entre outras, Les malheurs de Sophie (1945), Olivia (1951), Huis-clos (1954) e Le lis de la mer (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto dos movementos automáticos por efecto dunha longa aprendizaxe.

    2. Interpretación errónea dun fenómeno por causa de modificacións subxectivas debidas á percepción, á actitude, ao marco de referencia, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. É autor de novelas psicolóxicas como a triloxía La vie de Philippe Denis (A vida de Philippe Denis, 1930-1955), Les réflexions de Monsieur FAT (As reflexións do señor FAT, 1963) e Hoffmann Canadà (1977). Escribiu tamén libros de viaxes, ensaios e poemas como o coñecido Monologue pour un disparu (Monólogo para un desaparecido, 1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, representante do Realismo paisaxístico luminoso e aéreo. Trasladouse a Madrid pero conservou o contacto con Galicia ao pasar todos os veráns na casa viguesa da Barxa. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1840-1850), onde foi alumno de Xenaro Pérez Villamil e de Esquivel, tendo por compañeiros entre outros a Federico Ruiz, Martín Rico e Castillo. No curso 1854-1855 abandonou a Academia, comezando unha serie de viaxes por España e Portugal que se transformaron na produción de numerosas obras e esbozos. Destas viaxes fixo 32 ilustracións para a revista El Museo Universal. En 1858 presentouse á Exposición Rexional de Santiago de Compostela con dous cadros á augada que representaban dúas vistas da ría de Vigo, na que obtivo a medalla de prata coa titulada A miña tristura. Viaxou por Francia, Inglaterra e Alemaña, e instalou o seu estudo de pintor de paisaxe en Portland (EE UU) en 1859. De regreso a Madrid, en 1861 presentouse cun fresco da Casa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de esponxas mariñas e arborescentes, de ata 25 cm, que teñen espículas silícicas e viven sobre substratos duros entre os 10 e os 100 m de profundidade. Nas costas atlánticas está presente a especie A. verrucosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén son coñecidas as montañas de Aïr, en Níxer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curva ou cadro de axuste B. Consiste nunha curva suave que conecta aproximadamente dous puntos. As curvas B poden unirse entre si para facer que unha curva suave pase por calquera número de puntos. Cada segmento dunha curva B-spline está influído por catro puntos, os dous entre os que se atopa, ademais dun máis en cada dirección. Isto fai que o cálculo dunha curva B-spline sexa moito máis rápido ca o cálculo dun cadro (curva de axuste) cúbico, debido a que cada parte deste último está influído por todos os puntos a unir.

    Físico. Creou o polariscopio, o goniómetro de colimador para medir os índices de refracción, o compensador óptico que leva o seu nome, un hifrómetro e a válvula de tres vías para máquinas pneumáticas. En 1840 detectou o chamado punto de Babinet, un dos tres puntos da vertical que pasa polo Sol, para os que a radiación celeste difusa ten polarización nula e que permanecen entre 15° e 20° por riba do Sol. Estudiou a dobre refracción circular e as proxeccións homográficas en cartografía. En 1873 formulou o teorema coñecido como principio de Babinet.

  • Principio establecido por Jacques Babinet no 1873, segundo o que os patróns de difracción producidos por dúas redes de difracción complementarias, en que as partes opacas dunha coinciden coas aberturas da outra, son idénticos.

  • Casco medieval de forma ovoide que no s XIII se levaba debaixo do grande helmo; durante a mesma centuria comezouse a usar como defensa principal da cabeza. Un dos máis antigos textos europeos que o mencionan é a crónica de Desclot. Na segunda metade do s XIV o bacinete converteuse no casco máis usado polos cabaleiros; era de forma cónica ou ovoide e chegaba a cubrir as orellas e a noca e a parte posterior do colo, no bordo inferior levaba unha tira de coiro que amosaba unha serie de buracos que coincidían con outros feitos no metal do casco; a través destes buracos ensartábanse aneis de mallas da parte superior do almófar. O bacinete e o almófar convértense nunha perfecta protección da cabeza, colo e a parte superior do busto e do lombo, quedando só descuberta a face. No s XV engadíuselle unha peza metálica e redonda denominada babeira que protexía todo o colo, co que o almófar quedou en desuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e membro da Pleiade. Cultivou unha poesía de ton academicista: Les amours de Méline (Os amores de Méline, 1552); L’amour de Francine (O amor de Francine, 1555), no que seguiu o modelo petrarquista, e Mimes, enseignements et proverbes (Mimos, ensinos e proverbios, 1576). Reformou a métrica francesa e cultivou o teatro: Brave (Bravo, 1567). Fundou a Academia de Poesía e Música (1570).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Freda Josephine MacDonald.

    VER O DETALLE DO TERMO