Asociación Mundial de Cine Publicitario

Asociación Mundial de Cine Publicitario

Asociación constituída polas empresas publicitarias máis importantes do mundo co fin de dar a coñecer os seus traballos e promover iniciativas que contribúan a desenvolver novas técnicas no cine publicitario. Entre as súas actividades destaca a organización do Festival Publicitario de Cannes, que se celebra anualmente.