Asociación Latinoamericana de Integración

Asociación Latinoamericana de Integración
Nome científico: [ALADI]

Organismo creado en 1980 por Arxentina, Bolivia, O Brasil, Colombia, Chile, Ecuador, México, Paraguai, Perú, Uruguai e Venezuela en substitución da Asociación Latinoamericana de Libre Comercio (ALALC), co obxectivo de facilitar os intercambios comerciais entre os seus membros. Limítase a fixar cláusulas de comercio preferencial entre os seus asociados e a propoñer medidas tendentes a dinamizar algúns sectores económicos comúns. Non pretende unha auténtica política común, nin económica nin exterior.