"Ith" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 117.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Julianne Moore, da súa filmografía destacan Jurassic Park (1997), The Great Lebowski (1998), Hannibal (2001), Far from Heaven (2002), coa que gañou a Copa Volpi da Mostra de Venecia, The Hours (2002), coa que foi premiada pola súa interpretación na Berlinale, e The Forgotten (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico británico. Doutorouse en 1956 na University of Manchester e foi profesor da University of British Columbia (Vancouver). En 1993 recibiu, xunto Kary B. Mullis, o Premio Nobel de Química, pola súa contribución ao establecemento da mutaxénese dirixida mediante oligonucleótidos, e o seu desenvolvemento para estudos de proteínas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Investigou sobre economía experimental e instaurou unha serie de métodos experimentais que serviron de norma a calquera experiencia de laboratorio. Recibiu, xunto con Daniel Kahneman, o Premio Nobel de Economía en 2002.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo inglés. Estableceu o criterio paleontolóxico para a determinación da idade das rochas, feito polo que é considerado o pai da paleontoloxía estratigráfica. É autor de Geological Map of England and Wales, With Part of Scotland (1815), Stratigraphical System of Organised Fossils (1817) e Geological Atlas of England and Wales (1819-1822).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Mantivo un forte compromiso cos temas sociais e políticos. Traballou en Newsweek (1938), na axencia Black Stare e en Life (1939-1941 e 1947-1954), onde publicou as reportaxes (Spanish Village, 1950; Nurse Midwife, 1951). Correspondente na Segunda Guerra Mundial (1942-1944) e membro da axencia Magnum (1955-1958), traballou para Life e Hitachi Co, realizando ensaios fotográficos (Minamata, Japan, 1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura prehistórica da África austral, orixinariamente centrada na conca do Vaal e os afluentes do curso superior do Orange. Corresponde a unha fase avanzada da Idade de Pedra da África meridional, con industrias líticas de follas que tomaron carácter microlítico. Durante fases máis modernas a área estendeuse e utilizaron a cerámica. Parece que continuou ata a chegada do ferro.
-
PERSOEIRO
Arquitecto inglés. Coa súa dona Alison Margaret Smithson (Sheffield 22.6.1928-Londres 16.8.1993) protagonizou o brutalismo, representado polo seu primeiro edificio, a escola de Hunstanton, preto de Norfolk (1949-1954). Publicaron o Manifesto do novo brutalismo (1955) e ao ano seguinte presentaron un prototipo da casa do futuro, a Plastic House.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato de cinc, de fórmula ZnCO3. Cristaliza no sistema romboédrico en cristais pequenos, xeralmente arredondados e rugosos. É de cor branca ou agrisada, podendo presentar outras coloracións. Ten unha densidade de 4,43 e unha dureza de 5.
-
PERSOEIRO
Poetisa rusa. Escribiu en sueco e introduciu o expresionismo na literatura sueca. Destacan Dikter (Poemas, 1916), Septemberlyran (A lista de setembro, 1918) e Rosenaltaret (O altar de rosas, 1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico estadounidense. Foi o fundador e director do Instituto de Viroloxía da Universidade de California. Conseguiu cristalizar o virus do mosaico do tabaco (1935) e investigou e preparou unha vacina contra o virus da gripe. En 1946 recibiu, xunto con J. H. Northrop e J. B. Sumner, o Premio Nobel de Química, polos seus traballos sobre a preparación dos enzimas e das proteínas dos virus en forma pura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tareixa Benedita da Cruz.
-
PERSOEIRO
Psicofisiólogo estadounidense. Especializado no campo da psicofísica, foi autor da teoría psicofísica que leva o seu nome, que se funda na apreciación cuantitativa directa da intensidade da estimulación que permite establecer escalas de relación ou subxectivas, en oposición ás escalas da psicofísica de G.T. Fechner.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Beata. Iroquesa, da tribo mohawq e bautizada en 1676, fuxiu da familia para practicar plenamente o cristianismo. Foi beatificada en 1981 polo Papa Xoán Paulo II. A súa festividade celébrase o 14 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de primates, da familia dos cercopitécidos, que presenta o corpo e a cabeza voluminosos, de cor escura ou gris e a cola moi longa. A este xénero pertence a especie T. gelada.
-
PERSOEIRO
Humanista e historiador alemán. De nome Johannes Heidenberg, foi monxe e abade de Sponheim (1483) e Würzburg. Erudito e polígrafo, escribiu obras de alquimia e astroloxía e, entre outras obras históricas, Catalogus scriptorum ecclesiasticorum, De viris illustribus Germaniae e Chronicon ducum Bavariae.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >De nome Edith Newbold Jones, das súas novelas destacan, Ethan Frame (1911) The Age of Innocence (1920) e The Bucaneers (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato de bario, de fórmula BaCO3, que cristaliza no sistema rómbico. Ten unha dureza de 3-3,5 e unha densidade de 4,3. Normalmente é incoloro ou branco, aínda que ás veces pode ter unha lixeira cor amarela.