Smithfield
Smithfield
Cultura prehistórica da África austral, orixinariamente centrada na conca do Vaal e os afluentes do curso superior do Orange. Corresponde a unha fase avanzada da Idade de Pedra da África meridional, con industrias líticas de follas que tomaron carácter microlítico. Durante fases máis modernas a área estendeuse e utilizaron a cerámica. Parece que continuou ata a chegada do ferro.