"López" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 371.
-
GALICIA
Historiador. Especializouse no estudo da Baixa Idade Media e en concreto na análise dos Irmandiños, do mundo urbano e na edición de fontes documentais. Ten numerosos artigos en revistas especializadas, e das súas obras destacan A Revolución Irmandiña (1987), Os Irmandiños: textos, documentos e bibliografía (1991), Martiño de Dumio, a creación dun Reino (1996), A cidade de Ourense no século XV (1998), O pleito da fortaleza de Ourense, 1455-1456 (1998), O Reino de Galicia (1998), A cidade medieval galega (1999) e Cangas na Idade Media: estudo e documentación (1999). Colaborou en Historia de Galicia (1991) e Historia Xeral de Galicia (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fraile mercedario. Dirixiu o Colegio-Seminario de la Merced de Herencia (Cáceres) e en 1967 trasladouse a Brasil, onde foi bispo de Ceramo (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico e fotógrafo, sobriño de Ksado. Combinou o estudo científico e de investigación coa fotografía artística, e continuou co traballo do seu tío. Expuxo en Oviedo e en Santiago de Compostela. Escribiu Densidades y compresibilidades a 0°C y por debajo de 1 ATM de los gases [...] del carbono y nitrógeno (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e etnógrafo. Foi ordenado sacerdote en Lugo e desenvolveu unha grande actividade nos campos xornalístico, literario e folclórico. Investigou na zona do Courel e A Pobra do Brollón sobre o personaxe do chufón, o intercesor nos contratos matrimoniais. Marchou a Bos Aires (1913) onde colaborou coa Casa de Galicia e coa comisión organizadora das Irmandades da Fala. Escribiu Los suevos en Lugo (1900).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e profesor. Estudiou Filosofía e Teoloxía na Universidade Pontificia de Roma e realizou diversos estudios de canto, harmonía e estética musical. Foi fundador, director e presidente da Coral Polifónica de Betanzos e da Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro. Recibiu a Medalla de Prata de Betanzos e a Insignia de Ouro da Coral de Betanzos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e profesor. Colaborou con distintas publicacións periódicas, como ABC e Blanco y Negro. Realizou diversos estudios onde analizou a figura de escritores como Curros Enríquez, Celso E. Ferreiro e Otero Pedrayo. Destacan as obras Curros Enríquez en la lírica (1951), Edipo abandonado (1954), Os cazadores de dotes (1954), O cazador de paxaros (1965) e Eilbrief (Premio no Concurso Abrente de Ribadavia 1973). Foi membro da Real Academia Galega (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra. Ampliou estudios en Viena e na Juilard School de Nova York. Foi discípulo de Schmid, H. Swarowsky e K. Osterreich. Foi o director estable da Deutsche Oper de Berlín (1972-1976), da Orquesta Nacional de España (1984-1988), da Cincinnati Symphony Orchestra (1986-2000) e director musical do Teatro Real de Madrid desde 2001.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor de teatro e dobraxe, director e cantautor. Destaca o seu traballo na compañía Fulano, Mengano e Citano. Gravou o disco Bule, berra, chora (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e filántropo. Con doce anos marchou a Puerto Rico. De regreso a Galicia, relacionouse co mundo literario e artístico coruñés. Patrocinou os primeiros Xogos Florais de Galicia (2.7.1861), celebrados na Coruña, e a edición do Álbum de la Caridad, en que, ademais das composicións dos participantes nestes xogos, se recollen seis das súas composicións escritas en castelán. Foi un dos primeiros impulsores da ILE en Galicia, xunto cos irmáns de la Iglesia, e das colonias escolares.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote. Ingresou no convento dominicano de San Xosé de Padrón (1889) e estudiou filosofía no convento de Coria (1890-1892) e teoloxía no convento de San Esteban en Salamanca (1892-1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Florentino López Alonso-Cuevillas.
-
PERSOEIRO
Político e dramaturgo. Conservador, foi ministro de Ultramar (1868-1872 e 1874-1877) e presidente do Congreso de los Diputados durante o reinado de Afonso XII. O seu teatro comprende unha primeira etapa romántica, con Los dos Guzmanes (1851) e Rioja (1854) e unha segunda etapa denominada alta comedia que agrupa as pezas de ambientación burguesa e tendencia moralizadora, como El tejado de vidrio (1856), El nuevo don Juan (1863) e Consuelo (1870).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, político e poeta. Durante o reinado de Pedro I de Castela participou nas loitas civís entre este e o seu irmán Enrique de Trastámara e foi alcalde de Toledo. Foi chanceler durante o reinado de Enrique II de Castela. Na Batalla de Aljubarrota en 1385 capturárono os portugueses. Durante a súa catividade escribiu Rimado de palacio, de carácter didáctico-moral. Liberado, participou de novo nos asuntos de goberno e foi embaixador en Francia. Escribiu Crónicas de los reyes de Castilla, que comprende os reinados de Pedro I, Enrique II, Xoán I e unha parte do reinado de Enrique III.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas escudo cortado: primeiro, en campo de azul, con cinco besantes de ouro, postos en aspa; segundo, en campo de ouro, cunha aguia de sable, bicéfala; bordo de goles, cargado de seis cunchas de vieira, de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, dous lobos de sable andantes e postos en pao; bordo de goles, cargado de seis besantes, de ouro.
-
PERSOEIRO
Cardeal. Foi nomeado por Alexandre VI e enfrontouse con Xulio II pola súa política antifrancesa. Congregou un concilio cismático en Pisa para destituílo (1511).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que pasou a Castela. As súas armas levan, en campo de prata, unha faixa de goles; bordo de azul, cargado de oito estrelas, de prata.
-
PERSOEIRO
Cronista. Secretario e capelán de Hernán Cortés (1542-1547), participou con el na expedición a Alxer. Aínda que non foi nunca a América, escribiu unha Historia general de las Indias y conquista de México (1552), sobre datos que Cortés lle facilitou. Como réplica, Bernal Díaz del Castillo escribiu a súa obra, Historia verdadera de la conquista de la Nueva España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador e xustiza maior de Galicia (1484-1498?). Sucedeu a Fernando de Acuña nos seus cargos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Foi presidente da Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos da Coruña. Realizou vivendas de protección e para marxinados, polo que gañou o Primeiro Premio de Arquitectura de Vivendas para Marxinados.
VER O DETALLE DO TERMO