López Carreira, Anselmo
López Carreira, Anselmo
Historiador. Especializouse no estudo da Baixa Idade Media e en concreto na análise dos Irmandiños, do mundo urbano e na edición de fontes documentais. Ten numerosos artigos en revistas especializadas, e das súas obras destacan A Revolución Irmandiña (1987), Os Irmandiños: textos, documentos e bibliografía (1991), Martiño de Dumio, a creación dun Reino (1996), A cidade de Ourense no século XV (1998), O pleito da fortaleza de Ourense, 1455-1456 (1998), O Reino de Galicia (1998), A cidade medieval galega (1999) e Cangas na Idade Media: estudo e documentación (1999). Colaborou en Historia de Galicia (1991) e Historia Xeral de Galicia (1997).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vigo