"Lac" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 769.
-
PERSOEIRO
Produtor e realizador cinematográfico inglés. Establecido nos EE UU, fundou en 1897 Vitagraph con Albert E. Smith. Entre a súa abundante produción resulta interesante a invención, en 1908, do chamado plano americano e a sistematización da montaxe. En 1911 fundou a primeira revista de cine nos EE UU. Trátase duns dos pioneiros do cine a nivel mundial. Dirixiu, entre outras películas, The burglar on the roof (O ladrón no tellado, 1898), The battle cry of peace (O berro loitador da paz, 1912), The happy warrior (O guerreiro feliz, 1925) e The passionate quest (A procura apaixonada, 1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Irlanda. Nace no condado de Ciarraighe, preto de Oileán Ciarraighe. O seu curso segue unha dirección O-L pasando por Mala e Fir Maighe. En Lios Mór muda bruscamente de dirección e adopta a N-S ata chegar a Eochaill, onde desemboca no Océano Atlántico logo dun percorrido de 164 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso embrionario que conduce á formación da blástula. Iníciase coa formación do blastocelo na mórula e conclúe cando comezan os movementos celulares da gastrulación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Étienne Bonnot de Condillac.
-
PERSOEIRO
Escritor. A partir de 1934 comezou a practicar unha política activista con certos trazos fascistas. Chegou a ser un dos xornalistas máis coñecidos da colaboración con Alemaña durante a Segunda Guerra Mundial. Foi director do semanal Je suis partout (1937-1943). Foi fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xenético. Foi un dos colaboradores máis importantes de T. H. Morgan. No seu traballo Nondisjunction as Proof of the Chromosome Theory of Heredity (A non-segregación como proba da teoría cromosómica da herdanza, 1916) probou que os cromosomas son os portadores dos xenes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Deportista. Practicante e promotor do boxeo, redactou o primeiro regulamento e publicouno no 1742. Foi o introdutor das luvas protectoras (mufflers).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Bacteria da familia das bruceláceas.
-
Familia de bacterias da orde das eubacteriais integrada por bacterias Gram-negativas moi pequenas e pleomórficas, parasitas obrigadas de moitos animais, mesmo do ser humano. Son inmóbiles ou ben se moven por flaxelos perítricos. Os xéneros máis importantes son Pasteurella, Brucella, Haemophylus e Bordetella.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Residencia londinense da familia real británica dende 1837, situada no parque de Saint James. Construída en 1703 para John Sheffield, duque de Buckingham, foi adquirida polo monarca Xurxo III en 1762. Entre 1821 e 1836 o arquitecto Nash reconstruíuna en estilo paladiano. En 1913 sir Aston Webb construíulle unha fachada nova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bugallo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bugallo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Augusta King.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marca norteamericana de automóbiles de luxo fabricados dende 1903 a 1909 por Cadillac Motor Car, compañía fundada por Henry Leland en 1903 en Detroit. En 1909 esta compañía integrouse na General Motors, que seguiu fabricando os Cadillac.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen pasa o tempo sen facer nada ou ten pouco amor polo traballo.
-
-
cabaza.
-
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘melón’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cabaceira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos liquenizados da subdivisión ascomicotina, de talo crustáceo e apotecios avermellados, amarelados ou negrosos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Freire e arquitecto galego activo entre 1771 e 1801. Ingresou como leigo no mosteiro de San Martiño Pinario en 1771, onde construíu, seguindo as trazas de frei Manuel dos Mártires, a escaleira da igrexa. Deseñou o monumento da Semana Santa. En colaboración con Xosé Ferreiro realizou, entre 1773 e 1777, o altar da capela de Santa Escolástica, cun esquema que se repetiu nas capelas de Santa Xertrude e do Cristo da Paciencia (1784). Atribúenselle os colaterais da capela do Socorro dedicados a san Xaquín e san Xosé (1783), o da capela de san Bernaldo (1786) e a caixa da sancristía. Corrixiu o empenamento das paredes laterais do claustro do convento de Santo Agostiño usando unha máquina da súa invención premiada pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando sobre a que escribiu un tratado inédito. En 1801 foi comisionado polo arcebispo Raxoi para examinar a obra dos altares da capela do Pazo de Lestrove, realizada por Ramón Pérez Monroy. O seu estilo adscríbese ao neoclasicismo, aínda que...
-
-
Relativo ou pertencente á familia das campanuláceas.
-
Herba ou arbusto da familia das campanuláceas.
-
Familia de herbáceas ou arbustos da orde das campanulais, constituída por unhas 1.200 especies, propias das rexións temperadas do hemisferio norte, especialmente de Europa e do N de África, con algúns representantes no hemisferio sur. Pertencen a esta familia as borlas azuis, as campaíñas e as escurripas.
-
-
PERSOEIRO
Astrónomo estadounidense. Foi director do observatorio Lick, en Mount Hamilton (1901-1930), reitor da Universidade de California en Berkeley (1923-1930) e presidente da National Academy of Sciences (1931-1935). Realizou estudios sobre as eclipses solares, a desviación da luz por efecto do campo gravitatorio solar e a velocidade radial das estrelas.
VER O DETALLE DO TERMO