Buckingham Palace

Buckingham Palace

Residencia londinense da familia real británica dende 1837, situada no parque de Saint James. Construída en 1703 para John Sheffield, duque de Buckingham, foi adquirida polo monarca Xurxo III en 1762. Entre 1821 e 1836 o arquitecto Nash reconstruíuna en estilo paladiano. En 1913 sir Aston Webb construíulle unha fachada nova.