"Lara" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 110.

  • Convento situado en Allariz. A súa orixe atópase nunha fundación do s XIII e foi ampliado en estilo barroco no s XVIII seguindo as trazas de Simón Rodríguez. Realizado en cantaría, ten unha decoración sobria e funcional. A igrexa ten planta de cruz latina, cunha soa nave de dous tramos e cruceiro. A capela maior é de planta rectangular. A portada ten decoración xeométrica. A porta está rodeada por un marco refundido e sobre ela atópase unha fornela coa imaxe de santa Clara e despois unha ventá coa imaxe do Pai Eterno, coroado co triángulo da Trindade. Da parte conventual destaca o claustro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convento de monxas clarisas situado en Santiago de Compostela. Fundouse no s XIII coa iniciativa de Violante, muller de Afonso X o Sabio e renovouse no s XVII. A igrexa que se conserva é dos ss XVII e XVIII e nel traballaron D. de Andrade, frei G. Rodríguez, P. de Arén e S. Rodríguez. A igrexa ten planta de cruz latina, cunha única nave e cúpula sobre o cruceiro. O retablo maior, proxectado por D. de Andrade, realizouno Domínguez Bugarín. Destaca a fachada construída por S. Rodríguez (1719). Trátase dun muro que non dá acceso á igrexa, a porta de acceso a esta atópase máis atrasada despois de cruzar un xardín, e que ten unha función esceneográfica. Estrutúrase en tres rúas e tres corpos. A decoración está centrada na rúa central e mostra un xogo de luces e sombras que consegue co emprego de placas, volutas, cornixas e frontóns partidos. No corpo central atópase unha fornela coa imaxe de santa Clara e enriba un escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lousame baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa con vestixios medievais que destaca pola pequena capela funeraria neorrománica dun lateral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (2.519 h [2001]). Ten cultivos de cereais, vide e oliveiras, gandaría, industrias papeleiras, do metal, do calzado e da alimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e avogado. Afiliado ás xuventudes comunistas (1932), despois da Guerra Civil Española foi ingresado nun campo de concentración. En 1946 exiliouse en París, onde coñeceu a P. Vilar, e dedicouse á docencia, tarefa que continuou en España durante a Transición. Dirixiu unha historia de España en 10 volumes e publicou La España del siglo XIX (1961), Introdución a la historia del movimiento obrero (1965), La España del siglo XX (1966), La Segunda República (1976), España bajo la ditadura franquista (1980) e Poder y sociedad en España: 1900-1931 (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Paradela baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Cuba (8.662 km2; 832.356 h [estim 1998]). A súa capital é Santa Clara (210.100 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zamora, Castela e León, situado ao SL da capital provincial e delimitado ao N polo Duero (1.649 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionaria alemá. O seu nome de solteira era Clara Eisner. Estudou en Leipzig, onde estableceu contactos co Sozialdemokratische Partei Deutschlands (SPD), no que ingresou en 1881. Presidiu a organización socialista das mulleres alemás e foi responsable do secretariado feminino da Internacional. Participou na creación do grupo revolucionario Spartakus e formou parte da minoría espartaquista do SPD independente e da dirección do Kommunistische Partei Deutschlands.

    VER O DETALLE DO TERMO