Zetkin, Clara

Zetkin, Clara

Revolucionaria alemá. O seu nome de solteira era Clara Eisner. Estudou en Leipzig, onde estableceu contactos co Sozialdemokratische Partei Deutschlands (SPD), no que ingresou en 1881. Presidiu a organización socialista das mulleres alemás e foi responsable do secretariado feminino da Internacional. Participou na creación do grupo revolucionario Spartakus e formou parte da minoría espartaquista do SPD independente e da dirección do Kommunistische Partei Deutschlands.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Wiederau, Saxonia

  • Deceso

    Lugar : Moscova