"Mali" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 112.
-
TERRITORIOS
Territorio que corresponde coa Costa Francesa dos Somalís, constituída en 1888, ata 1967, cando pasou a denominarse Territorio Francés dos Afares e dos Isses. En xuño de 1977 acadou a independencia, co nome de Xibutí.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo protectorado italiano (1889-1960) de África Norteoriental. En 1960 acadou a independencia e formou, xunto coa Somalia Británica, o estado de Somalia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de subnormal.
-
PERSOEIRO
Caudillo bérber. Dirixiu a primeira expedición musulmá na Península Ibérica en xullo de 710, baixo as ordes de Mūsà ibn Nu ṣ ayr. Desembarcou na Punta de Tarifa co consentimento do conde don Julián e devastou a zona de Algeciras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Utilización das augas termais con fins terapéuticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución da enerxía cinética dos neutróns, mediante un moderador, que ten lugar nunha reacción de fisión en cadea.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Susan Sarandon, da súa filmografía destacan The Front Page (1976), Pretty Baby (1978), Thelma and Louise (1991), The Client (1995), Dead Man Walking (1996, Oscar á mellor interpretación feminina) e Romance & Cigarettes (2005). En 1995 recibiu o Premio Donostia pola súa carreira cinematográfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de composición variable que cristaliza no sistema trigonal. Presenta gran variedade de cores, segundo os elementos que entren a formar parte da súa composición (cuarzo, apatita, mica ou pirita), ten unha dureza de 7-7,5 e peso específico 2,9-3,5. É común nas rochas metamórficas e eruptivas. En Galicia é abondoso, e pode atoparse formando parte doutras rochas (granitos ou pegmatitas) en zonas como o monte Galiñeiro, Tomiño, A Ramallosa, Monteferro ou Goián.
-
PERSOEIRO
Quinto Califa omeia (685-705). Fillo de Marwān I, ao subir ao trono tivo que reconquistar Iraq (690), onde non era recoñecido, e loitar contra Ibn Zubayr, quen lle opuxo resistencia en Arabia ata a súa morte (692). Suprimiu a moeda bizantina e cuñou, por vez primeira, moeda de ouro islámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emir do Al-Andalus no ano 733. Combateu contra os hispanos e os vascóns e foi destituído no 734. No 741 volveu ser nomeado, tivo que facer fronte a unha rebelión dos bérberes; solicitou axuda a Bal ǧ ibn Bišr al-Qušayrī quen o destituíu e executou despois da vitoria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor iraquí. Autor da colección ‘ Našīd al-ar ḋ ’ (O himno da terra, 1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ḥ ā ǧ ib (chanceleiro e responsable das finanzas) do Califato de Córdoba (991) e Gobernador Xeral de Marrocos (998). Sucedeu ao seu pai Almanzor no 1002, mantendo a Hišām II como soberano de dereito. As razzias que realizou valéronlle o alcume de ‘al-Mu ẓ affar (‘o triunfador’), castigando nelas, sobre todo trala morte de seu pai, o territorio galego-leonés durante os primeiros anos do reinado de Afonso V, vencedor de seu pai.
VER O DETALLE DO TERMO