"Martin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 595.
-
GALICIA
Mariño mercante. Ingresou na Compañía Trasatlántica Española (1878) e acadou o grao de capitán. Tras realizar viaxes a Filipinas e Sudamérica levou o mando do transatlántico Montserrat, que dirixiu a Cuba durante o conflito hispano-cubano. Tralo éxito das operacións que lle foron encomendadas, foille concedida a Cruz do Mérito Naval.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Martin van der Bogaert.
-
GALICIA
Diplomático e poeta. Licenciado en Dereito, colaborou no xornal La Integridad. Publicou Modificaciones introducidas por el Código Civil en la legislación anterior sobre hijos naturales (1892). Recibiu o II Premio dos Xogos Florais de Tui (1891) polo poema “O derradeiro trobador”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Musicólogo. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de música e literatura na Universidade Laboral e de galego e lingua e literatura española no instituto Otero Pedrayo de Ourense ata a súa xubilación. Cursou os primeiros estudios musicais con sor Luísa Galiano e despois continuounos no seminario de Ourense e con Antonio Jaunsarás. Foi mestre do coro masculino do instituto de Ourense e director da Coral Ruada (1955-1990), para a que compuxo música e letra de diversos temas populares e polifónicos. Colaborou no Boletín Auriense, con traballos como “Cinco villancicos del siglo XVI” ou “O primitivismo do alalá”. Parte da súa obra poética está contida en Sete poetas ourensáns (1992) e en Ourense craro río verde val, e moitas das súas composicións musicais editadas en traballos discográficos de diferentes artistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Ourense con Luís Fernández Xesta. En 1961 trasladouse a Madrid, onde estudiou na Escuela de Bellas Artes de San Fernando. Pertenceu a Os Artistiñas, grupo vangardista de Ourense dos anos sesenta. Nos seus inicios, a súa obra baseouse no debuxo cun colosalismo de formas ciclópeas, emparentadas cun certo concepto de muralismo que logo deixou paso a unha pintura expansiva, colorista e fragmentada, que se relacionou cos futuristas italianos. Considerado como un artista neofigurativista, o seu posterior barroquismo desembocou no azar, no automatismo, unido a un forte cromatismo, aínda que non abandonou o concepto debuxístico. A fragmentación da súa obra evoca o caos e a deshumanización nunha visión, en certo modo, pesimista da realidade. Co paso do tempo foi abandonando a representación da figura humana. Ilustrou a versión galega da Divina Commedia de Dante (1990). Destacan, entre outras obras, O xardín de Penélope (1985), Demiurgo...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vilalba. Pertenceu a un antigo mosteiro. Reformada en 1923, ten planta rectangular cunha soa nave e capela maior. Ten cuberta a unha auga. No interior conserva unha cruz procesional e un cáliz do s XVII, e esculturas do s XVIII. No exterior, a fachada é arquitrabada e ten unha espadana dun corpo con dous vans. O atrio (1889) está formado por dúas pilastras de pedra. Consérvase un cruceiro coas imaxes de Cristo e da Piedade, e cunha inscrición de indulxencias na base datada en 1889.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sober. De orixe beneditina, documéntase dende 1206, cando o monxe Arias Afonso doou o casar de Doade ao bispo de Lugo. En 1290 o Papa Nicolao V confirmou os dereitos sobre esta parroquia ao mosteiro de San Vicente do Pino. Consérvase a igrexa construída en 1804. Trátase dun templo de nave única con cuberta de madeira e capela maior cuberta a catro augas. O arco triunfal destaca pola súa imposta clásica. No interior sobresaen os retablos neoclásicos do s XIX coas imaxes de Cristo, san Martiño, a Piedade e a Virxe. Na sancristía consérvanse imaxes do s XVIII de san Miguel, santo Antonio, san Roque e san Bieito. Na fachada principal destaca a portada formada por un lintel e unha fornela de arco de medio punto. Coróase cunha espadana barroca con dous vans e un frontón partido. A torre campanario rodéaa unha balconada con adornos piramidais nos seus vértices.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Verea. Trátase dun templo de planta rectangular coa nave articulada con pilastras, que se traducen no exterior en contrafortes, e co altar maior destacado en altura e resaltado por pináculos nos ángulos. No interior, cómpre salientar o retablo barroco de san Ramón, formado por un corpo e tres rúas, e dividido por columnas corintias e estípites nos extremos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid. Colaborou con Carlos Arniches (1924-1936) e en 1928 acadaron o premio do concurso do Patronato Oficial de Turismo e construíron unha ducia de hoteis. Entre as súas obras destacan os edificios denominados Altos del Hipódromo, da rúa Serrano de Madrid (1930), e a sala de conferencias e as bibliotecas da Residencia de Estudiantes (1932-1933). En 1936 exiliouse a Cuba, onde combinou formas tradicionais con elementos de vangarda. Entre as súas obras cubanas destaca o edificio FOCSA (1953-1956) en La Habana. Dende 1960 exerceu como docente na facultade de Arquitectura da Cornell University en Ithaca.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Silleda. Foi unha doazón de Urraca á catedral de Santiago de Compostela. De estilo románico, a súa decoración permitiu datala ao redor de 1171 por unha inscrición do testeiro da nave. Ten unha soa nave e ábsida semicircular. A ábsida está abovedada e reforzada por un arco faixón de medio punto sobre columnas. O arco triunfal é dobrado e ten a mesma directriz ca o faixón, apóiase nun par de columnas entregadas, con capiteis de follas planas e volutas no extremo, aínda que no setentrional aparece unha cabeza e as patas dun ser monstruoso. No exterior, a capela compartiméntase en cinco panos por medio de catro columnas entregadas, a setentrional tapada por unha sancristía moderna. Os capiteis que as coroan son vexetais, de dúas ordes de follas e algún con figuras, aínda que a súa deterioración impide precisar o seu tema. No lenzo central, ábrese unha ventá de medio punto sobre dúas columnas, con chambrana de tres filas de escaques. A portada occidental flanquéana...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gravador flamengo. Realizou o retrato de William Shakespeare do First Folio das súas obras (1623).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e ilustrador. Fillo de Martín Echegaray Olañeta, foi propietario da illa de Toralla e impulsor da Compañía de Tranvías e das viaxes rápidas entre EE UU e Vigo. Comezou a súa formación na Academia Minerva con Perfecto Mediero. Participou, entre outras, na Exposición de Arte Gallego de Santiago de Compostela en 1926, en Madrid na mostra organizada polo Heraldo en 1928 e na que repetiu en diversas ocasións, e na exposición realizada en Bos Aires en 1929. En setembro de 1930 expuxo no Casino de Vigo. Na súa obra advírtese a influencia da pintura postimpresionista e da escola de París. As cores quentes e a contraposición de grandes planos foron unha constante nunha pintura na que primou o efectismo. Entre as súas obras destacan Aldeanos, Retrato de Tomás Sobrino Mirambell, Silueta de Vigo e Crucero de Bayona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como asesor fiscal dos colexios profesionais de médicos, arquitectos e enxeñeiros técnicos de Vigo e ocupou a presidencia do consello de administración do centro médico Povisa (1977-1982). Presidente do Partido Demócrata Popular e máis tarde do Partido Liberal, foi elixido deputado do Parlamento galego polo Partido Popular entre 1985-1996, etapa na que foi voceiro da comisión de Asuntos Económicos e Orzamentarios e presidiu as comisións do Estatuto do Deputado e de Relacións do Parlamento co Consello de Contas. En xullo de 1996 foi nomeado delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo. Entre outros cargos, foi presidente do consello de administración da sociedade de capital-risco Vigoactivo SA e membro do consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Vicerrei de Nova España (1568-1580) e do Perú (1581-1583). No vicerreino de Nova España limpou as costas de piratas ingleses, combateu os indios huachís e creou os fortíns de San Felipe, Ojuelos e Portezuelos. No Perú instaurou o servizo postal e fundou San Luis de Potosí.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, debuxante, gravador e historiador. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi dende 1983 arquiveiro-bibliotecario do concello de Betanzos e director do Anuario Brigantino e do Museo das Mariñas. Coordinador da Xunta de Galicia para a organización de arquivos municipais da provincias da Coruña, Lugo e Ourense (1989-1992), pertenceu á Asociación de Creadores Plásticos de Santiago de Compostela, ao Grupo Crise e ao Grupo Artual, estes dous da Coruña. Da súa produción destacan as series pitóricas Labirintos e Praias da memoria, e a colección de gravados Debuxos de Galicia [e Portugal]: Betanzos, Cruceiros, Caza medieval, Músicos do Pórtico da Gloria, Cabaleiros. Realizou mostras individuais no Arquivo do Antigo Reino de Galicia (Betanzos, 1997-1998), no Museo da Região Flaviense (Chaves, 1998), no Instituto Cervantes de Lisboa (1999), na Casa de Galicia (Madrid, 2000) e no congreso La caza en la Edad Media (Valladolid,...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Rois. A primitiva igrexa, de orixe románica, estivo situada en Augasantas e no 1719 construíuse a nova no lugar de Sabucedo. Ten planta de cruz latina. Na fachada principal destaca a fornela coa imaxe de san Martiño de Tours e a portada enmarcada polas imaxes de san Pedro e san Paulo. A espadana de dous vans construíuse en 1769.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Escaleira na parroquia de San Xoán de Ove (Ribadeo).
-
GALICIA
Xornalista e escritor. De ideoloxía liberal, foi o único redactor do bisemanario El Heráclito Español y Demócrito Gallego, que saíu á rúa o 21 de abril de 1820, e colaborou na Gaceta Marcial y Política e no Diario Cívico-Patriótico. Cun estilo satírico e directo, nos seus escritos arremeteu contra a Igrexa, xuíces e institucións políticas. Da súa produción destaca a peza teatral A casamenteira (1849) e as tres composicións incluídas baixo o título Villancico que en la Nochebuena del año 1812 cantaron los presos de la cárcel pública de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e enxeñeiro. Trasladouse a Pontevedra en 1886 para facer o estudo dun porto entre Pontevedra e Marín. Apadriñado polo marqués de Riestra e o marqués de la Vega, representou o distrito de Redondela entre 1893 e 1910. No goberno presidido polo marqués de la Vega, nomeouno ministro de Fomento (4.12.1906-25.01.1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Coñecida como María de Felipe, licenciouse en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela (1980) e en Belas Artes, na especialidade de pintura, en Barcelona (1985). A súa obra caracterizouse pola pincelada solta e polo protagonismo da pintura, deixando o motivo do lenzo nun segundo plano. Colaborou como ilustradora na revista Festa da palabra silenciada (1987) e no libro Palabra de muller (1992). Realizou exposicións individuais e participou, entre outras colectivas, na mostra Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1982) e na II Bienal de Artistas Galegas (1990).
VER O DETALLE DO TERMO