"Mur" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 248.

  • musaraña doméstica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andar o gato ao asexo en busca de ratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Muras, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Terra Chá, situado na provincia de Lugo no N da Comunidade Autónoma de Galicia, a 4° 27’ 30’’ de latitude N e 7° 43’ 20’’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Ourol (comarca da Mariña Occidental), ao L cos do Valadouro (comarca da Mariña Central) e Abadín (comarca de Terra Chá), ao S cos de Vilalba e Xermade (comarca de Terra Chá), e ao O cos de Mañón (comarca de Ortegal) e As Pontes de García Rodríguez (comarca de Eume). Abrangue unha superficie de 163,8 km 2 , en que acolle unha poboación de 891 h (2007), distribuídos nas parroquias de Ambosores, A Balsa, O Burgo, Irixoa, Muras, Silán, O Sisto e O Viveiró. A capital está no lugar de Muras, situada na parroquia homónima, localizada a 133 km de Santiago de Compostela e a 62 km de Lugo. Está adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Vilalba.
    Xeografía física
    O territorio caracterízase polo seu relevo moi accidentado, onde predominan os xistos na súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Eume, ao seu paso polas parroquias de Muras e O Burgo (Muras). Ergueuse no século XIX en cantaría e presenta un único arco, de medio punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora xaponesa. Coñécese como a primeira escritora do mundo, e, sobre todo, como a autora da novela Genji monogatari (Historia do príncipe Genji, 1005-1008), considerada a obra máis importante da narrativa xaponesa clásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomán (1360?-1389). Aproveitando o desmembramento do Imperio Bizantino e as rivalidades das repúblicas de Venecia e Xénova, estendeu o seu dominio polos Balcáns (Edirne, 1365; Sofia, 1385; Tesalónica, 1387) e someteu a vasalaxe a Xoán V Paleólogo de Bizancio. Morreu nunha batalla contra os serbios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomán (1421-1451). Conduciu a ofensiva otomá contra os Balcáns e Asia Menor, e ocupou Tesalónica (1430) e converteu Serbia en provincia turca (1439). Loitou pola anexión de Hungría (1444), ata que derrotou a János Hunyadi en Kosovo (1448).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomán (1574-1595). Unha longa e custosa campaña contra Persia (1576-1590) conduciu a anexión otomá de Xeorxia, Acerbaixán e Hamadān, pero causou unha crise financeira por culpa da que Turquía tivo que asinar con Inglaterra un tratado comercial (1583), moi vantaxoso para esta última.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomán (1623). Dominou a sublevación do emir druso Fajr al-Dīn e ocupou Tabrīz (1635) e Bagdad (1638).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomán (1876), fillo de Abdülmecit I. Subiu ao trono despois da abdicación de Abdülaziz. Deposto meses despois co pretexto de padecer unha enfermidade mental, foi substituído por Abdülhamit II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal francés. Interveu nas campañas napoleónicas, especialmente en Austerlitz e Jena, e foi o brazo executor da política española de Napoleón I Bonaparte, quen o converteu en rei de Nápoles (Xoaquín I, 1808-1815). Tivo que axudar a Napoleón durante os Cen Días (20.3.1815-28.6.1815) e, nun intento por recuperar os seus dominios, foi prendido en Calabria e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e erudito italiano. Ordenouse sacerdote, fixo estudos filolóxicos e foi chamado a dirixir a Biblioteca dos Este (1700). Como investigador, seguiu unha metodoloxía precisa e rigorosa. Publicou Rerum italicarum scriptores (24 volumes, 1723-1738), Annali della storia d’Italia (12 volumes, 1744-1749) e Antiquitates italicae medii aevi, en 6 volumes (1738-1743). Descubriu un manuscrito que contiña o canon bíblico máis antigo e que leva o seu nome, Canon de Muratori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia rusa orixinaria de Moscova que se estableceu na rexión de Novgorod en 1488. Os seus membros máis importantes foron, en Peterburgo, Nikolaj Nikolajevič Murav’ev (1794-1866), príncipe Karski, que foi nomeado comandante do exército do Cáucaso (1854) e se apoderou de Kars (1855); Mikhail Nikolajevič Murav’ev (1795-1866), xeneral que reprimiu con gran crueldade a revolta polaca (1863-1864); Sergej Murav’ev-Apostol (1796-1826), que foi un dos principais revolucionarios decembristas; Nikolaj Nikolajevič Murav’ev-Amurski (1801-1881), que conquistou o territorio do Amur; e Mikhail Nikolajevič, conde de Murav’ev (1845-1900), político e diplomático que foi ministro de Asuntos Exteriores (1897-1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tributo que se pagaba para arranxar as murallas e os monumentos públicos dunha cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • herba do garrotillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo húngaro. Naturalizado estadounidense, en 1920 abriu o seu estudo en Nova York e colaborou con Harper’s Bazzar (1921) e Vanity Fair (1926). A partir de 1929 os seus traballos publicáronse en Vogue, Ladie’s Home Journal e New York Times, centrados na fotografía de moda, os actores cinematográficos e as mulleres. Foi o fotógrafo oficial de EE UU nos xogos olímpicos de 1928 e 1932. A través de Carl Van Vetchen coñeceu artistas mexicanos como Miguel Covarrubias, Diego Rivera ou Frida Khalo, dos que fixo varias series de fotografías que constituíron o Nickolas Muray Collection of Mexican Art (1925-1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das brasicáceas, que se caracteriza por presentar follas enteiras ou pinnatisectas, flores de cor branca e froito en sílicua. En Galicia aparece a especie M. pinnatífida que mide ata 15 cm e florece entre os meses de abril e agosto nas zonas altas do interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de murchar.

    VER O DETALLE DO TERMO