Murav’ev
Murav’ev
Familia rusa orixinaria de Moscova que se estableceu na rexión de Novgorod en 1488. Os seus membros máis importantes foron, en Peterburgo, Nikolaj Nikolajevič Murav’ev (1794-1866), príncipe Karski, que foi nomeado comandante do exército do Cáucaso (1854) e se apoderou de Kars (1855); Mikhail Nikolajevič Murav’ev (1795-1866), xeneral que reprimiu con gran crueldade a revolta polaca (1863-1864); Sergej Murav’ev-Apostol (1796-1826), que foi un dos principais revolucionarios decembristas; Nikolaj Nikolajevič Murav’ev-Amurski (1801-1881), que conquistou o territorio do Amur; e Mikhail Nikolajevič, conde de Murav’ev (1845-1900), político e diplomático que foi ministro de Asuntos Exteriores (1897-1900).