"Oín" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 202.
-
PERSOEIRO
Militar francés, conde de Dupont de l’Étang. Xeneral de Napoleón, loitou en Italia e na Península Ibérica. Derrotado en Bailén en 1808, foi sometido a consello de guerra e encarcerado no castelo de Joux. Rehabilitado por Luís XVIII, foi ministro da Guerra (1814).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Egua.
-
PERSOEIRO
Compositor. Discípulo de F. J. Fétis e de J. F. Lesueur, a partir de 1840 foi profesor de harmonía do conservatorio de París. Escribiu cantatas, oratorios e misas. En 1834 obtivo o Gran Premio de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse en París con R. A. Houasse e en 1695 obtivo o Prix de Rome que lle permitiu residir en Italia durante cinco anos. Viviu en España, onde copiou as obras das coleccións reais. En 1704 ingresou na Académie Royale de Peinture et de Sculpture coa obra España ofrecéndolle a coroa ao duque de Anjou.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e químico francés. Foi profesor na École de Médicine de París e na Faculté des Sciences de Marsella (1854). Membro da Académie Française des Sciences (1863), que lle outorgou o premio Jecker (1869) e Lacaze (1875). Débenselle importantes traballos científicos, entre outros, a invención, xunto con J. Th. Silbermann, do calorímetro que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proteína fibrosa, formada por cadeas peptídicas paralelas unidas entre si mediante enlaces de hidróxeno, que constitúe a seda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Santoíño, na parroquia de Piúgos (Lugo). Fundouno Pedro, bispo de Lugo cara ao 1030. Despois de 1038 doouno a Miguel Amiquiz e este aos reis Fernando I e Sancha. Posteriormente pertenceu á igrexa de Lugo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de interpretación das fotografías aéreas.
-
PERSOEIRO
Escritor. Eclesiástico e avogado, escribiu Poésies diverses (1655), Roman bourgeois (1666), Voyage de Mercure (1671), Fables morales (1671) e Ditionnaire universel (1684). Tamén fixo un dicionario máis completo ca o da Academie Française, feito que lle valeu a expulsión da institución (1685); como vinganza fixo circular os epigramas Factums.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Membro dunha facción (partidaria da influencia castelá) que se enfrontou á dos oñacinos (partidarios da influencia navarra) no País Vasco durante a Baixa Idade Media. O enfrontamento mesturouse coa loita dos bandoleiros navarros agramonteses e beaumonteses. Coa consolidación do poder real, a finais do s XV, acabáronse as desordes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia dura e amorfa, semellante ao esmalte, que recobre as escamas ganoides.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao estómago e aos intestinos.
-
PERSOEIRO
Botánico francés. Foi o autor do proxecto do xardín botánico de Perpignan e máis tarde profesor de botánica en Montpellier (1767-1803). Foi o máis destacado dos linneóns franceses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Fillo de miniaturistas, formouse con J.L. David (1785-1790) e en Italia (1792), onde coñeceu a Napoleón, que o fixo seleccionador das obras artísticas que se enviaban ao Louvre e que lle encargou Les pestiférés de Jaffa (1804). Pintou numerosas escenas bélicas napoleónicas, entre outras, Le champ de bataille d’Eylau (1808). Na cúpula do Panteón de París pintou a apoteose de Bonaparte, que, ao cambiar as circunstancias políticas, se converteu na apoteose da monarquía borbónica. Luís XVIII nomeouno barón. Fixo de ponte entre o neoclasicismo de David e a escola romántica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ser semidivino ao que se lle atribúen xestas prodixiosas a favor do grupo que o recoñece como tal. A súa figura sobresae na mitoloxía de diversos pobos primitivos e, aínda que concibida antropomorficamente, recoñécenselle poderes sobrenaturais. Na Grecia dos ss VIII e VII a C afirmouse o culto aos heroes, que se converteu en rito de súplica para obter a súa protección.
-
Persoa que se distingue pola súa coraxe, valor e fortaleza no sufrimento nunha situación determinada.
-
Personaxe principal dunha narración fantástica ou dunha obra literaria ou cinematográfica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
heroe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Po branco, cristalino e amargo derivado da morfina, da que se obtén por tratamento desta con anhídrido acético. Emprégase como medicamento ou como estupefaciente polas súas propiedades sedantes ou narcóticas. O seu consumo habitual crea unha forte dependencia chamada heroinomanía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adición á heroína.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen padece heroinomanía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia básica derivada da alantoína. Forma o núcleo de diferentes compostos usados como antiepilépticos e antiarrítmicos, como a difenilhidantoína.