Fingoi, Santoíño de

Fingoi, Santoíño de

Antigo mosteiro situado en Santoíño, na parroquia de Piúgos (Lugo). Fundouno Pedro, bispo de Lugo cara ao 1030. Despois de 1038 doouno a Miguel Amiquiz e este aos reis Fernando I e Sancha. Posteriormente pertenceu á igrexa de Lugo.