Fingoi, Santalla de

Fingoi, Santalla de

Antigo mosteiro situado na parroquia de Santalla de Cuíña (Lugo). Fundouno Ildoncia Gundesíndiz a comezos do s X e no 995 foi doado ao Rei Vermudo II con todas as súas dependencias. En 1038 documéntase como propiedade da infanta Sancha. Posteriormente pertenceu á igrexa de Lugo.