Fingoi, Grupo de teatro

Fingoi, Grupo de teatro

Grupo de teatro creado en Lugo no colexio Fingoi por Ricardo Carballo Calero e que entre 1950 e 1965 constituíu unha das primeiras experiencias de teatro escolar en galego nos anos que seguiron á posguerra, aínda que tamén se presentaban espectáculos en castelán, con textos de Lope de Rueda ou Lope de Vega. Amais de diversos textos da autoría do seu director, como a Farsa das zocas (1963), o colectivo estreou espectáculos creados con textos de Castelao, Rosalía de Castro, Plauto, Seami Motokiyo ou Ramón Cabanillas.

Palabras veciñas

fineza | Finger, lagos | Fingoi, Colexio | Fingoi, Grupo de teatro | Fingoi, Santalla de | Fingoi, Santoíño de | Fini, Leonor