"Oder" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 136.

    1. Ser capaz ou hábil para facer unha cousa.

    2. Ter permiso, dereito ou liberdade para facer ou dicir algo.

    3. Ter a forza física ou psíquica necesaria para facer algo.

    4. Ser capaz de vencer algo ou a alguén.

    5. Ter influencia ou dominio sobre algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facultade ou capacidade para facer unha cousa.

    2. Capacidade ou eficacia que ten algo.

    3. poder absorbente

      coeficiente de absorción.

    4. poder calórico

      Cantidade de calorías producidas no organismo por unidade de peso dun alimento.

    5. poder calorífico

      Cantidade de calor que libera unha unidade de masa (ou de volume se é un gas) dun combustible nunha combustión completa. Xeralmente exprésase en quilocalorías por quilo (ou por m 3 normal se é un gas). Se na combustión hai formación de auga, defínese o poder calorífico superior (PCS) tomando os elementos e os produtos da combustión levados a 0°C, supoñendo que a auga formada estaba condensada; cabe distinguir entre o PCS, a presión constante, e o PCS, a volume constante. De xeito semellante, defínese o poder calorífico inferior (PCI) supoñendo que a auga formada na combustión queda en estado de vapor. OBS: Tamén se denomina potencia calorífica.

    6. poder de definición/

      Capacidade dun obxectivo para reproducir os detalles dunha imaxe.

    7. poder dispersivo

      Característica dun medio transparente respecto da radiación electromagnética, definida como a relación entre a diferenza das desviacións D das raias F e C do hidróxeno, de lonxitudes de onda λ <J>F</J> = 0,486 μm e λ <J>C</J> = 0,656 μm, e a desviación da raia D do sodio, de lonxitude de onda λ <J>D</J> = 0,589 μm, ao atravesar un prisma de ángulo φ pequeno (é dicir, φ ≈ sen φ) feito co material que constitúe ese medio. O inverso do poder dispersivo denomínase constrinxencia.

    8. poder polarizante

      Capacidade dun ión de provocar a polarización dun ión de signo contrario. É importante sobre todo para os catións. Aumenta co cociente carga/raio 2 e depende da configuración electrónica, que é máis grande cando o ión non ten a configuración de gas nobre (regras de Fajans).

    9. poder rotatorio

      Xiro angular que experimenta o plano de polarización ao atravesar a unidade de grosor, nunha substancia opticamente activa. É función da lonxitude de onda da luz empregada e asígnaselle o signo + ou - segundo que a substancia sexa dextroxira ou levoxira. No caso dun líquido hai que precisar a súa densidade ou concentración, e recibe o nome de poder rotatorio específico.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir de xuño de 1981. Funcionou como boletín local da Confederación Sindical Galega nesa cidade. De carácter reivindicativo e orientado aos sectores obreiros, amosou unha fonda preocupación polo problema do paro na comarca. Nas súas portadas apareceron algunhas ilustracións de Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dominio que se ten sobre algo ou alguén.

    2. Vigor ou forza física dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten moita forza, influencia ou riqueza.

      2. Aqueles que posúen muito poder ou riquezas.

    1. Que ten moita aficacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma crónica de dermatomiosite que cursa sen febre, leucocitose ou dor e que se caracteriza por atrofias musculares moi importantes, con retraccións músculo-tendinosas e unha profunda impotencia funcional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de dermatose, descrita por Jacobi, en que só aparecen lesións cutáneas, como pigmentación, atrofia e petequias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir do 1 de xaneiro de 1903. Dirixida por Xosé Gradaille e logo por Xoán Rof Codina, foi unha publicación ilustrada de carácter agrarista publicada primeiro cada quince días e logo mensualmente. Defendeu a modernización agrícola de Galicia, superando o sistema foral e, baixo un punto de vista liberal e modernizador, contou coa colaboración de relevantes agraristas. A partir de 1906 (nº73) fusionouse coa revista santanderina Industrias Rurales, e denominouse Prácticas modernas e industriales rurales. A finais de marzo de 1907 converteuse en voceira do Sindicato Cámara Agrícola da Coruña, agrupación que combatía as tendencias anarquistas de Unión Campesina. Deixou de publicarse en Galicia en 1913, reaparecendo como sección fixa para Galicia e Asturias dentro de El Cultivador Moderno e baixo a dirección de Rof Codina, ata que cesou coa Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa operativo de desenvolvemento e diversificación das zonas rurais, que ten como obxectivos o desenvolvento endóxeno, a diversificación da economía rural, a elevación do nivel de renda e a conservación dos recursos naturais. Entre 1994 e 1999 aplicáronse en Galicia 13 programas, no PRODER II (2000-2006) aprobáronse 11 programas que benefician a 71 concellos galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tecido meristemático primario que orixina a epiderme.

    2. dermatóxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queratose das palmas das mans e dos pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lesión cutánea producida pola exposición a radiacións ionizantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Gwynedd, Gales? -? 878?) Rei galés (844-878?). Acadou a unión da maior parte de Gales e contivo as fortes presións escandinavas. Fundou unha dinastía que durou ata a fin da independencia galesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Epiderme da raíz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Consagrouse coa obra En la ardiente oscuridad de A. Buero Vallejo, aínda que tamén destaca a súa interpretación como Max Estrella en Luces de Bohemia, de Valle Inclán, e a de Calígula, na obra de Camus. Da súa filmografía destacan Don Juan Tenorio (1952), Muerte al amanecer (1959), Proceso a Jesús (1973) e Larga noche de los bastones blancos (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para determinar o índice de refracción de partículas cristalinas, coa axuda do microscopio. Utiliza a iluminación oblicua, e a determinación realízase sempre respecto a líquidos de índice de refracción coñecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático alemán. Traballou na elaboración da álxebra da lóxica, que introducira G. Boole, e puxo de manifesto os aspectos de orde reticular que caracterizan a álxebra de Boole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. En 1963 ingresou no Sozialdemokratische Partie Deutschlands (SPD) e en 1980 no Bundestag. Desde 1998 é chanceler de Alemaña. En 2005 perdeu o voto de confianza do Bundestag.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da familia das esclerodermatáceas, cun carpóforo globoso de cor amarelada. Este carpóforo ábrese en forma de estrela. A especie máis frecuente en Galicia é S. polyrhizum, de ata 20 cm de diámetro e sen pé. Aparece durante todo o ano nas beiras dos camiños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rrethi de Albania (2.528 km2; 195.424 h [estim 1993]). A súa capital é Shkodër.

    VER O DETALLE DO TERMO