2 poder
(< 1 poder)
-
-
Facultade ou capacidade para facer unha cousa.
Ex: Ten moito poder de convición. Din que tiña poderes máxicos.
-
Capacidade ou eficacia que ten algo.
Ex: O imán ten o poder de atraer o ferro. A penicilina G ten poder sobre as bacterias Gram-positivas.
-
poder absorbente
[FÍS]
coeficiente de absorción.
-
poder calórico
[ALIM]
Cantidade de calorías producidas no organismo por unidade de peso dun alimento.
-
poder calorífico
[FÍS]
Cantidade de calor que libera unha unidade de masa (ou de volume se é un gas) dun combustible nunha combustión completa. Xeralmente exprésase en quilocalorías por quilo (ou por m 3 normal se é un gas). Se na combustión hai formación de auga, defínese o poder calorífico superior (PCS) tomando os elementos e os produtos da combustión levados a 0°C, supoñendo que a auga formada estaba condensada; cabe distinguir entre o PCS, a presión constante, e o PCS, a volume constante. De xeito semellante, defínese o poder calorífico inferior (PCI) supoñendo que a auga formada na combustión queda en estado de vapor. OBS: Tamén se denomina potencia calorífica.
-
poder de definición/
[IMAX/FÍS]
Capacidade dun obxectivo para reproducir os detalles dunha imaxe.
-
poder dispersivo
[FÍS]
Característica dun medio transparente respecto da radiación electromagnética, definida como a relación entre a diferenza das desviacións D das raias F e C do hidróxeno, de lonxitudes de onda λ <J>F</J> = 0,486 μm e λ <J>C</J> = 0,656 μm, e a desviación da raia D do sodio, de lonxitude de onda λ <J>D</J> = 0,589 μm, ao atravesar un prisma de ángulo φ pequeno (é dicir, φ ≈ sen φ) feito co material que constitúe ese medio. O inverso do poder dispersivo denomínase constrinxencia.
-
poder polarizante
[QUÍM]
Capacidade dun ión de provocar a polarización dun ión de signo contrario. É importante sobre todo para os catións. Aumenta co cociente carga/raio 2 e depende da configuración electrónica, que é máis grande cando o ión non ten a configuración de gas nobre (regras de Fajans).
-
poder rotatorio
[FÍS]
Xiro angular que experimenta o plano de polarización ao atravesar a unidade de grosor, nunha substancia opticamente activa. É función da lonxitude de onda da luz empregada e asígnaselle o signo + ou - segundo que a substancia sexa dextroxira ou levoxira. No caso dun líquido hai que precisar a súa densidade ou concentración, e recibe o nome de poder rotatorio específico.
-
poder separador/resolutivo/de resolución
[FÍS]
Característica dun sistema óptico que determina a distancia mínima que ten que haber entre dous puntos para que, ao observalos a través do sistema, poidan verse separados. O poder separador do ollo humano recibe o nome de agudeza visual.
-
-
-
Dominio legal ou efectivo que se ten sobre alguén ou algo.
Ex: O país foi sometido ao poder dos invasores. Ten poder para contratar a quen queira. As probas están en poder da policía.
-
Capacidade de influír sobre algo ou alguén.
Ex: Non teño poder sobre ela para convencela.
-
[ECON]
Dominio que unha persoa, un grupo ou un país ten sobre os bens e servizos de consumo ou sobre os factores produtivos, como os recursos naturais, a forza de traballo, a tecnoloxía ou o capital acumulado.
-
poder adquisitivo
[ECON]
Cantidade de bens ou servizos que se poden adquirir cunha determinada cantidade de diñeiro. Flutúa inversamente ás variacións que experimentan os prezos dos bens.
-
poder compensador
[ECON]
Reacción espontánea que as empresas ou grupos non oligopolistas, como por exemplo os consumidores ou os sindicatos, realizan para contrarrestar os efectos da actuación dos grupos ou empresas que controlan o mercado.
-
poder liberador
[ECON]
Facultade de liberar débedas que as autoridades monetarias conceden a determinados tipos de diñeiro.
-
-
[DER/POLÍT]
-
Goberno dun estado.
Ex: Chegou ao poder tras gañar as eleccións.
-
Conxunto de funcións da Administración Pública dispostas para ditar, executar e interpretar leis, dirixir a administración do benestar público e soster a orde pública. A súa concentración tradicional nunha soa persoa, poder absoluto, adoita dexenerar en despotismo e ditadura. Para evitar esta arbitrariedade, fixéronse diversas clasificacións. Nos países democráticos estableceuse a división de poderes entre poder lexislativo, órgano encargado de facer e discutir as leis, ou parlamento; poder executivo, encargado de executar as leis, ou goberno; e poder xudicial, encargado de sancionar cando non se cumpren as leis, ou tribunais.
-
Conxunto de forzas dun estado, especialmente as militares.
-
poder moderador
Xefe de estado nos réximes pluripartidistas que, situado por riba dos partidos e dos gobernos e como símbolo da unidade dos poderes executivo, lexislativo e xudicial, regula a vida política de acordo coa expresión da vontade electoral.
-
-
[DER]
-
Capacidade xurídica, legalmente escriturada e outorgada por mandato, que permite actuar en nome e a favor doutra persoa. OBS: Adoita empregarse en plural con sentido singular.
-
Instrumento ou acta en que consta este dereito.
-
-
Forza ou vigor.
Ex: O teu avó aínda ten poder para levar ao lombo o saco de patacas. O poder do vento levantou o tellado.
-
cuarto poder
[COMUN]
Poder formado pola prensa ou os medios de comunicaión.
-
poder espiritual
[RELIX]
Autoridade relixiosa ou eclesiástica que rexe os asuntos exclusivos da vida relixiosa e da conciencia.
-
poder temporal
-
Poder civil ou político, en oposición ao poder espiritual.
-
[RELIX]
Poder civil exercido pola autoridade eclesiástica, sobre todo polos papas, sobre un territorio. Historicamente é a potestade que corresponde ao papa como xefe dos Estados Pontificios (Cidade do Vaticano). A súa orixe, derivada tradicionalmente da Doazón de Constantino, provén das doazóns dos reis carolinxios do s VIII que, co tempo, constituíron os Estados Pontificios.
-
Frases feitas
-
A poder de loc prep Con insistencia e esforzo. Ex: Conseguiu o que ten a poder de traballo.