"Omo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 696.

  • Transcrición defectuosa do texto grego Bωμόι Σεστίου (debería transliterarse como Bomoi Sestiou), que se encontra en Ptolomeo (Xeogr, II, 6, 3), equivalente ás Aras Sestianas ou “tres arae quae Sestianas vocant” de Mela (Chorogr III, 13), e tamén citadas por Plinio (Nat Hist, IV, 111): “tres arae Sestianae Augusto dicatae” quen di que lle foron dedicadas a Augusto. Seguramente o nome de Sestianas fai referencia a Lucio Sestio, cónsul romano que tomou parte nas guerras galaicas como legado de Augusto. O profesor Luis Monteagudo situounas nas Illas Sisargas, tras demostrar que a palabra ara en latín ademais do sentido de ‘altar’ ten tamén o significado de ‘escollo, rocha mariña’. Seguindo o fío desta opinión, o Bωμόι de Ptolomeo sería, xa que logo, unha tradución incorrecta de ara. Esta hipótese cobra maior forza se aceptan que tralo nome Sisargas agóchase a palabra Caesaricas. Non obstante , outros estudiosos como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altar que adopta diferentes dimensións segundo a divindade á que estea dedicado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e pintor italiano. Traballou en España dende 1731. Dirixiu as obras da renovación de Aranjuez e colaborou na construción do palacio real desta cidade, onde trazou a escaleira (1744) e remodelou a fachada. Realizou tamén o Teatro del Buen Retiro e a igrexa dos Santos Justo e Pastor, hoxe de San Miguel, en Madrid (1739-1746).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plantas que, nun país determinado, viven só nunha área altitudinal estreita limitada por un desnivel polo xeral inferior a 1.000 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Elemento non metálico da familia dos alóxenos, de número atómico 35 e peso atómico 79,904, que pertence ao grupo VII A da táboa periódica e ten números de oxidación -1, 0, +1, +3, +5 e +7. É un líquido vermello escuro que emite uns vapores, de cheiro semellante ao cloro, fortemente irritantes. Forma moléculas diatómicas (Br2), moi estables, que só se disocian apreciablemente por riba de 1.000°C. É relativamente pouco soluble en auga, aínda que a solubilidade varía moito en presenza de sales, sobre todo de bromuros, cos que forma ións complexos, como Br3- e Br5- . É moi soluble nalgúns disolventes orgánicos como o sulfuro de carbono, o tetracloruro de carbono, o cloroformo, o benceno e outros. A codia da Terra contén arredor do 0,00016% de bromo en forma de bromuros. O bromo está amplamente disperso por terras, rochas, augas, vexetais, e extráese das augas dos lagos ou mares interiores salgados ou das augas residuais do aproveitamento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos ácidos derivados do ácido acético por substitución dun, dous ou tres átomos de hidróxeno por bromo; especialmente, o ácido monobromoacético [BrCH2-COOH]. Son cristais delicuescentes solubles en auga e alcohol, que funden a 51°C e ferven a 208°C. Obtense por bromación do ácido acético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido que solidifica a -36,5°C e ferve a 137°C, obtido por bromación da acetona; é soluble en alcohol e en auga. É lacrimóxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido con punto de ebulición 156,2°C, insoluble en auga, obtido por bromación do benceno en presenza de ferro como catalizador. Emprégase como aditivo en aceites de motores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado semisintético da ergocriptina, alcaloide do centeo afectado polo caruncho. Terapeuticamente se emprega para suprimir a secreción láctea e pola súa acción sobre a hormona do crecemento, para o tratamento da acromegalia e da enfermidade de Parkinson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado bromado do estireno empregado en produtos baratos de perfumería, polo seu cheiro a xacinto, en substitución do aldehido fenilacético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido obtido por acción do hipobromito de sodio sobre a acetona. Ferve a 151°C, cunha lixeira descomposición. Aínda que bastante tóxico, emprégase como antiespasmódico e sedante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento fotográfico, de entre os denominados pigmentarios, no que a proba final presenta un aspecto similar á augaforte. Foi empregado polos pictorialistas no s XIX e a principios do XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento volumétrico de análise de substancias redutoras baseado no uso dunha solución patrón de bromo elemental como axente valorante, oxidante (potencial normal de redución = +1,07 V). Emprégase na análise de solucións de bromo en ácido clorhídrico concentrado, en bromuro de potasio 1 M ou en ácido acético glacial, máis estables ca as solucións en auga, pero de estabilidade tamén reducida, e iso fai que a bromometría teña unha aplicación limitada. As bromometrías son levadas a termo por valoración directa ou ben por retroceso; neste caso determínase o exceso de bromo introducido. Ponse de manifesto o punto final con indicadores (laranxa de metilo, etc), que se destrúen irreversiblemente polo primeiro exceso de bromo libre. Entre as aplicacións da bromometría cómpre mencionar as determinacións de arsénico trivalente, de sales amónicos, de ácido fórmico, de glicerina, de hidroquinona, de ácido ascórbico, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cristais prismáticos solubles en disolventes orgánicos e en auga, obtidos por reacción de ácido pícrico sobre unha solución de bromo e óxido de calcio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén bromo (III), é dicir, bromo en estado de oxidación +3.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cristal higroscópico de sabor amargo.

    2. Proba, case en desuso, destinada a explorar a función excretora do fígado. Consiste na inxección intravenosa de bromosulfoftaleína e na determinación do tempo que esta tarda en desaparecer do sangue circulante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Foi un dos últimos representantes do estilo renacentista francés. En 1608 foi nomeado arquitecto da coroa. Traballou no castelo de Montceaux-lés-Meaux e edificou o Coulommiers, iniciado en 1613 e derrubado nos tempos de Luís XIV. Entre 1615 e 1630 levantou o palacio de Luxemburgo en París. Realizou tamén o acueduto de Arcueil (1624).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que posúe unha cor bela e fermosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos nervios foliares do limbo que se encurvan cara ao exterior e corren cara ao ápice gardando certo paralelismo coa marxe da folla; os nervios secundarios apenas se ven neste tipo de nervadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada un dos nervios secundarios das follas que parten do principal e describen un arco que non chega ata o bordo da folla.

    VER O DETALLE DO TERMO