bromoacético, ácido

bromoacético, ácido
[QUÍM]

Cada un dos ácidos derivados do ácido acético por substitución dun, dous ou tres átomos de hidróxeno por bromo; especialmente, o ácido monobromoacético [BrCH2-COOH]. Son cristais delicuescentes solubles en auga e alcohol, que funden a 51°C e ferven a 208°C. Obtense por bromación do ácido acético.

Palabras veciñas

bromito | Bromley | bromo | bromoacético, ácido | bromoacetona | bromobenceno | bromocriptina