"Oran" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 135.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Alxeria (2.114 km2; 1.213.839 h [1998]). A súa capital é Oran.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo orang-laut.
-
Individuo do pobo orang-laut.
-
Pobos indonesios que habitan nas costas de Myanmar meridional e nas illas veciñas, na península de Malacca e en Sumatra oriental. Viven exclusivamente da pesca. Falan dialectos malaios.
-
-
RIOS
Río de África meridional que ten 1.869 km de lonxitude. Nace nas montañas Drakensberg, a 3.160 m de altitude, e desemboca no Atlántico, despois de atravesar República Sudafricana, en dirección L-O. No seu curso atravesa tamén Lesotho, arquea o límite meridional de Orange (República Sudafricana) e a fronteira con Namibia.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de California, EE UU, centro residencial ao SL da aglomeración de Los Angeles (128.821 h [estim 2000]). É o mercado agrícola da rexión e ten algunha industria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de República Sudafricana, actual Estado Libre, delimitada polo río Orange ao S, polo Vaal ao N e ao O e por Lesotho ao O (129.480 km2; 2.760.558 h [estim 2000]). A súa capital é Bloemfontein. Ten xacementos de ouro ao NO, e de diamantes ao SO. No val do Vaal destaca a explotación de minas de hulla. A política británica na provincia do Cabo e Natal, fixo que bóers destes dous territorios se establecesen ao N do río Orange en 1836 e en 1843, respectivamente. En 1845 foron sometidos por Reino Unido e o seu territorio converteuse na colonia do río Orange (1848). A loita cos sothos provocou a retirada británica do territorio (1852), que foi recoñecido como estado libre na Convención de Bloemfontein (1854). Co achado de diamantes, Reino Unido someteuno á colonia do Cabo. En 1896 aliouse con Transvaal contra os británicos, que venceron e a converteron en colonia en 1900. En 1907 conseguiu a autonomía definitiva e en 1910 incorporouse á Unión Sudafricana como provincia.
-
DISTRITOS
Distrito de Belize (4.636 km2; 39.570 h [estim 1999]). A súa capital é Orange Walk (15.505 h [estim 1998]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade secreta creada en 1794 polos presbiterianos do Ulster, para combater cos católicos e facerse valer ante o Reino Unido. A emancipación dos católicos outorgada en 1829, significou o seu declive e disolveuse ante a oposición do goberno inglés (1836). Máis tarde reapareceu, con organizacións filiais en Reino Unido e EE UU, pero desfíxose a comezos do s XX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título e territorio creado como señorío no SE de Francia. Foi despois un condado, e converteuse en principado no s XII. A súa unión coa rama dos Nassau tivo lugar cando Enrique III de Nassau o Grande (1483-1558), gobernador de Países Baixos e stadhouder xeral, casou con Claudia de Chalon (1515), herdeira do principado de Orange. En 1518 herdouno o seu único fillo, Renato de Nassau e, ao morrer este sen herdeiros (1544), pasou a Guillerme I o Taciturno (1545), de quen partiu a orixe da rama Orange-Nassau ( Guillerme I de Orange-Nassau ). Dela formaron parte os seus fillos e sucesores, Mauricio I de Orange-Nassau (1585-1625) e Federico Enrique I de Orange-Nassau (1625-1647); o fillo deste Guillerme II de Orange-Nassau (1647-1650) e o neto, Guillerme III de Orange-Nassau (1650-1702), que ademais foi rei de Inglaterra. Tras a súa morte herdouno Xoán...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero da orde dos primates, o menos antropomórfico de todos os pónxidos, que pode alcanzar os 2 m de altura, cos membros anteriores desproporcionadamente longos, os pés articulados oblicuamente coa tibia e case todo o corpo cuberto de pelo longo e avermellado. Os machos presentan na gorxa, nos lados da cara e nas axilas, unhas protuberancias adiposas en forma de saco. É un animal pacífico e solitario, que pasa a maior parte do tempo nas árbores e só baixa en casos de extrema necesidade. Ten unha dieta vexetariana, e habita nas selvas densas e húmidas de Borneo e Sumatra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura estendida polo N de África, desde Tunes ata Marrocos atlántico, durante o Paleolítico Superior. OBS: Tamén se denomina cultura iberomauritana.
-
CAPITAIS
Capital de Aruba, Países Baixos, e a única poboación importante da illa (21.000 h [1996]). Formouse ao redor dunha fortificación construída polos holandeses para defender a costa das incursións británicas e españolas. Ten refinaría de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen ten a actitude de orar.
-
-
Representación dunha figura humana cos brazos estendidos, en actitude de pregaria, frecuente na arte paleocristiá. Ademais de figuras bíblicas, a representación máis frecuente adoita ser a de unha dona que simboliza a María ou á Igrexa.
-
Efixie dun defunto axeonllado sobre a fosa sepulcral, coas mans xuntas, frecuente nas sepulturas medievais e renacentistas.
-
-
-
PERSOEIRO
Tenista. Formado no Club Tennis La Salut, gañou a Orange Bowl en 1967, ano en que debutou no equipo español de Copa Davis e foi campión júnior de Wimbledon. Campión de España en seis ocasións (1967, 1970, 1971, 1974, 1975 e 1979), e do trofeo Conde de Godó en tres (1969, 1970 e 1976), en 1974 foi finalista en Roland Garros. Conseguiu ao longo da súa carreira 33 títulos individuais e 24 en dobres. Despois de gañar o Open de EE UU (1975) en Forest Hill e o Masters (1976), en 1980 abandonou a alta competición e dedicouse ao ensino de tenis. Foi capitán do equipo español de Copa Davis (1988-1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Orange (Sudáfrica) ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Orange (Sudáfrica).
-
-
-
Movemento dos partidarios de Guillerme III de Orange-Nassau como rei de Inglaterra, fronte ao seu sogro Xaime II de Inglaterra, na época da Revolución Gloriosa (1688-1699).
-
Partido dos protestantes ingleses, en Irlanda do Norte.
-
Partido belga partidario do principado de Orange.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao oranxismo.
-
Partidario do oranxismo
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos compostos que resultan da combinación de hidrocarburos con boro. Coñécense, por exemplo, os trialquiboranos, como o trimetilborano B(CH3)3 e o trietilborano B(C2H5)3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que perfora.
-
PERSOEIRO
Político sueco. En 1971 foi nomeado secretario das Xuventudes Socialistas e deputado entre 1979 e 1984. Foi ministro de Educación (1989-1991) e ministro de Economía (1994-1996). Desde 1996 é o primeiro ministro sueco e líder do Socialdemokratiska Arbetarepartiet (Partido Socialdemócrata dos Traballadores Suecos, SAP).
VER O DETALLE DO TERMO -
MACIZO
Macizo do altiplano de Siberia Central, o máis alto e máis fortemente desmembrado, situado no curso superior do P’asina, Rusia. A súa máxima altitude acada os 1.702 m.
VER O DETALLE DO TERMO