"Orro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 157.

    1. maronda.

    2. marimacho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ísceras do polbo que non se aproveitan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo meglenorromanés ou ao seu dialecto.

    2. Individuo do pobo meglenorromanés.

    3. Pobo romanés establecido en Macedonia cara aos ss XI-XII. Foron islamizados polos turcos e despois da Primeira Guerra Mundial perseguidos polos gregos.

    4. Dialecto romanés que fala o pobo meglenorromanés na rexión de Macedonia, ao NO de Salónica. Ten fortes influencias eslavas, sobre todo búlgaras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Estivo interesado pola música teatral, despois de deixar a música sinfónica, e foi empresario e director artístico. Foi director do Teatro de la Zarzuela (1926), do Teatro Calderón, da Compañía Lírica Nacional e directivo da Sociedad General de Autores. Escribiu a ópera La Virgen de Mayo (1925) e as partituras de zarzuelas Luisa Fernanda (1932), Azabache (1933), La chulapona (1934), Paloma Moreno (1936) e La Ilustre moza (1943). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte sobresaínte da cara de certos animais onde están situados a boca e o nariz.

    2. Beizo das persoas, especialmente cando é grande, avultado e groso.

      1. Parte dianteira e que sobresae dunha cousa.

      2. Parte de adiante dun vehículo, especialmente dun automóbil ou dun avión.

    3. Contraforte adiantado e abrupto dunha montaña.

    4. Planta herbácea semellante á chantaxe de folla estreita, pero coas inflorescencias moi tomentosas. É propia da terra baixa.

    5. Parte intravaxinal do colo do útero, debido á súa forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo SL da parroquia de Terroso (Vilardevós). O seu cumio acada os 833 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico situada entre as praias de Baldaio e Pedra do Sal, na parroquia de Lema (Carballo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada na costa O da illa de Ons, na parroquia da Illa de Ons (Bueu).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre a de Abelleira e a praia de Farruco, na parroquia de San Vicente do Grove (O Grove).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico na parroquia de Niñóns (Ponteceso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico situada na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de febreiro de 1986. De pequeno formato e periodicidade semanal, estivo dirixida por J. Domínguez. Cunha distribución de balde, o seu contido central era a programación de televisión. Incluíu pasatempos e información deportiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de ferro onde se amarran os cabos dunha embarcación cando se atraca.

    2. Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘rapaz’.

    3. Termo da verba dos arxinas ou telleiros que corresponde á voz ‘fillo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que pertence á serra de Queixa, situado entre as parroquias de Pradoalbar (Vilariño de Conso) e Requeixo (Chandrexa de Queixa). O seu cumio acada os 1.491 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bióloga. Profesora da Universidade de Santiago de Compostela, forma parte do departamento de patoloxía animal da facultade de veterinaria de Lugo. É coautora dos libros Moluscos hospedadores intermediarios de Protostrongylidae ovinos (1986) e Índice-Catálogo de Zooparásitos Ibéricos (1995), e autora da publicación Estudio experimental de especies Helicidae (Mollusca Stylommatophora) de León como hospedadores intermediarios de Protostrongylidae (Nematoda, Metastrongylidae) ovinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘fillo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neorrománico.

    2. Corrente arquitectónica historicista, contemporánea do neogótico, aínda que de menor entidade, que tratou de recuperar as características do románico. Ao final do s XIX derivou na arquitectura bizantina. O promotor máis importante foi Paul Abadie, arquitecto da igrexa do Sacré-Coeur de Montmartre, en París. Tivo un gran predicamento en Alemaña, coa restauración da capela palatina de Aquisgrán e en Inglaterra coa catedral católica de Westminster.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento literario de reacción contra o naturalismo na literatura europea contemporánea que renovou parcialmente o romanticismo. É particularmente importante o conxunto de tendencias que se desenvolven na literatura alemá do período comprendido entre 1900-1920, encabezado por H. von Hofmannsthal, S. George, R. M. Rilke, R. Huch, e O. zur Linde, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas de aspecto exuberante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional creado pola Organización das Nacións Unidas en 1949 coa finalidade de axudar os refuxiados vítimas do conflito árabe-israelí de 1948. Con sede en ’Ammān e Gaza, estendeu a súa acción a Xordania, Líbano, Siria e aos territorios ocupados de Cisxordania e Gaza.

    VER O DETALLE DO TERMO