morro

morro
  1. s m [ZOOL]

    Parte sobresaínte da cara de certos animais onde están situados a boca e o nariz.

    Ex: Esta raza de cans ten o morro aplanado.

    Sinónimos: fociño.
  2. s m

    Beizo das persoas, especialmente cando é grande, avultado e groso.

    Ex: Quedoulle o morro sucio despois de comer o xeado.

  3. s m
    1. Parte dianteira e que sobresae dunha cousa.

    2. Parte de adiante dun vehículo, especialmente dun automóbil ou dun avión.

      Ex: A fin de semana pasada chocou contra un farol e quedoulle o morro do coche todo destrozado.

  4. s m [XEOL]

    Contraforte adiantado e abrupto dunha montaña.

  5. morro de ovella [PLANTA]

    Planta herbácea semellante á chantaxe de folla estreita, pero coas inflorescencias moi tomentosas. É propia da terra baixa.

  6. morro de tenca [ZOOL]

    Parte intravaxinal do colo do útero, debido á súa forma.

Frases feitas

  • Caer de morros. Caer cara a adiante, golpeándose na cara.