"Otero" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 108.

  • GALICIA

    Enxeñeiro militar. Coronel, foi xefe do Servicio Militar de Ferrocarriles (1936) e director xeral de RENFE (1944). Das súas publicacións destacan Transportes por Ferrocarril desde el punto de vista militar y su coordinación con los Transportes por Carretera (1946) e Cien años de Ferrocarril en España (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bandoleiro. Coñecido como Xan Quinto, a súa cuadrilla actuou pola comarca do Salnés e o Barbanza. Foi acusado de homicidio, violación de morada, roubos e asaltos con intimidación (1870-1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Funcionario e político agrarista. Loitador antiforista e orador, presidiu a Federación Municipal Agraria de Tomiño. Foi membro do Partido Galeguista, coorganizador e tesoureiro do Congreso Provincial Agrario (1929) e alcalde interino do concello de Tomiño en 1931. Foi redactor de El Agro de Tomiño (1928), fundador e director do semanario Agro del Miño (1931) e redactor de Nuevo Heraldo (1934-1936). Publicou Memoria correspondiente al XX año de su existencia y al Ejercicio de 1925 (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e historiador. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e graduado social, ordeouse sacerdote en 1951. Cóengo do cabido catedralicio de Tui-Vigo, desde 1958 colaborou en Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, La Noche e Galicia Social, do que foi director. Publicou La Villa de Bouzas en los años 1680-1860 (1976), La escuela linoleista de Pontevedra (1982), El Condado entre lo lírico y la historia (1986), Cofradía del Santísimo Sacramento en la Comarca del Tea, 1659-1888 (1995) e Taboexa-As Neves. Historia y Arte (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Perito industrial, enxeñeiro industrial superior e arquitecto superior. En Barcelona creou a empresa EDING dedicada ao cálculo de estruturas e instalacións e exerceu como profesor no Instituto Técnico Fernando Casablanca de Sabadell. Trasladouse a Vigo e creou o estudo de arquitectura e enxeñaría ESTINGAR, S.L. Realizou os edificios comerciales C&A e Puerta Príncipe en Vigo, os Xulgados de Redondela e os Novos Xulgados de Vigo, a dirección de obra do Recinto Feiral de Silleda, a rehabilitación do antigo goberno militar para sede do Reitorado da Universidade de Vigo, a Área Panorámica de Tui   con auditorio e sala de exposicións, o proxecto básico da clínica Nuestra Señora de Fátima en Vigo, a remodelación do Mercado Municipal de Ribeira para sala de exposicións e auditorio, a ampliación da sede do Concello do Porriño e residencias xeriátricas en Valdemoro, Leganés e Alcalá de Henares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (166-175), sucesor do Papa Aniceto. Loitou contra o montanismo e morreu martirizado. A súa festividade celébrase o 22 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e compositor. Recibiu as primeiras nocións musicais e aprendeu a tocar o cornetín co seu pai, que era director da banda municipal de Ponteareas. Con catorce anos dirixiu o Orfeón de Tui e, pouco despois, ingresou como músico graduado no Rexemento Murcia da cidade de Vigo. Nesta época comezou a compoñer diversas obras para a Banda Municipal do Porriño e outras agrupacións. En 1899 estudou no Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde recibiu clases de Bretón e Chapí, e obtivo o primeiro premio de harmonía. Rematou os seus estudos cun premio de Composición e unha bolsa do Concello de Vigo para ampliar os seus coñecementos en Francia, Italia e Alemaña. Ao seu regreso comezou a escribir zarzuelas e sainetes que acadaron un notable éxito, como El regreso, La paloma del barrio, El capricho de una reina e Guitarras y bandurrias. A partir de 1916 iniciou unha intensa actividade compositiva que o levou a crear importantes zarzuelas como La leyenda...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Militante do Partido Galeguista e colaborador de Alexandre Bóveda e Castelao, participou nas actividades do Seminario de Estudos Galegos. Co inicio da Guerra Civil Española, en 1936, foi detido e encarcerado en Silleda. Liberado, fuxiu a Francia, onde foi detido (1939) e condenado tras a ocupación nazi. En 1949 conseguiu o indulto e marchou a Bos Aires, onde publicou as novelas autobiográficas Non agardei por ninguén (1957), estruturada como un diario sen datas e na que introduce o tema da Guerra Civil; e Era tempo de apandar (1980), máis complexa estruturalmente e onde analiza o mundo do cárcere e a posguerra. Ademais escribiu a peza teatral As bágoas do demo (1964), unha traxicomedia estreada baixo a dirección de E. Blanco Amor; O Naranxo (1966), en que recompila diversos relatos publicados anteriormente en prensa; e o ensaio Historia do galeguismo político (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO