Soutullo Otero, Reveriano

Soutullo Otero, Reveriano

Músico e compositor. Recibiu as primeiras nocións musicais e aprendeu a tocar o cornetín co seu pai, que era director da banda municipal de Ponteareas. Con catorce anos dirixiu o Orfeón de Tui e, pouco despois, ingresou como músico graduado no Rexemento Murcia da cidade de Vigo. Nesta época comezou a compoñer diversas obras para a Banda Municipal do Porriño e outras agrupacións. En 1899 estudou no Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde recibiu clases de Bretón e Chapí, e obtivo o primeiro premio de harmonía. Rematou os seus estudos cun premio de Composición e unha bolsa do Concello de Vigo para ampliar os seus coñecementos en Francia, Italia e Alemaña. Ao seu regreso comezou a escribir zarzuelas e sainetes que acadaron un notable éxito, como El regreso, La paloma del barrio, El capricho de una reina e Guitarras y bandurrias. A partir de 1916 iniciou unha intensa actividade compositiva que o levou a crear importantes zarzuelas como La leyenda del beso, La del Soto del Parral ou El último romántico, ademais de obras para banda, entre as que destaca o pasodobre Ponteareas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ponteareas

  • Deceso

    Lugar : Madrid