"Oza" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 212.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe da nobreza castelá que se consolidou económica e politicamente no s XIV, coa subida dos Trastámara ao poder. Durante os ss XV e XVI, acumularon importantes dominios en Castela e prestáronlle servizos á monarquía. O tronco da liñaxe foron os Mendoza, señores de Llodio (Araba), que a mediados do s XI pasaron ao servizo da casa real de Castela e se extinguiron no s XIII. A primoxenitura da liñaxe tivo unha liña colateral que se identificou coa dos duques do Infantado e que prosperou desde que Pedro González de Mendoza colaborou coa entronización dos Trastámara. Desta liña troncal xurdiron diversas liñas colaterais. Os que pertencen á póla galega traen escudo acuartelado en aspa: primeiro e cuarto cuarteis, en campo de sinople, cunha banda de ouro cargada dunha cotiza de goles; segundo e terceiro cuarteis, en campo de ouro, coas letras de azul Ave Maria no cuartel segundo e Gratia plena no terceiro.
-
PERSOEIRO
Princesa de Éboli, segunda princesa de Melito e segunda duquesa de Francavilla, filla de Diego Hurtado de Mendoza. Casou con Rui Gomes de Silva, primeiro duque de Pastrana e príncipe de Éboli. Dama de compañía de Isabel de Francia, encabezou, xunto con Antonio Pérez, o partido ebolista, que propugnaba unha saída negociada da rebelión flamenga e defendía unha solución federalista que respectase os privilexios de cada reino. Parece ser que tiveron negociacións secretas cos rebeldes flamengos, descubertas por Juan de Escobedo, ao que fixeron asasinar (1578). Filipe II afastouna da corte en 1579.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi prior de Santa María de Castrelo de Miño e fundou e presidiu a Academia Compostelana. Publicou Theatro Moral y Político de la Noble Academia Compostelana (1731) e Epítome de la portentosa vida y milagros de la gran virgen y proto-martyr Sta. Tecla y descripción de las magníficas sumptuosas fiestas a la colocación de esta imagen en su nueva maravillosa capilla, inclusa de la Santa Metropolitana Iglesia de Burgos (1737).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. A súa obra caracterízase por unha hábil construción do relato, ao que lle imprime certas doses de humor, e onde a cidade figura como lugar natural escollido polo autor para profundizar nas formas de vida doutras épocas e doutras sociedades. A urbe, como personaxe literaria, é o marco do seu propio desenvolvemento, marcado polos conflitos sociais. En catalán é autor das pezas teatrais Restauració (1990) e Els llims o la visitació de la felicitat (1997). Da súa produción destacan as novelas La verdad sobre el caso Savolta (1975, Premio de la Crítica), El misterio de la cripta embrujada (1978), El laberinto de las aceitunas (1982), La ciudad de los prodigios (1986, Premio Ciutat de Barcelona), La isla inaudita (1989), Sin noticias de Gurb (1990), El año del diluvio (1992), Una comedia ligera (1996), La aventura del tocador de señoras (2001) e El último trayecto de Horacio Dos (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Marqués de Montesclaros, grande de España e comendador da orde de San Xaime. Vicerrei de Nueva España (1603-1607) e de Perú (1607-1615), fomentou as obras públicas e conseguiu aumentar a produción das minas de ouro. Membro do Consello de Estado do conde-duque de Olivares, cando este reorganizou o Consello de Aragón nomeouno presidente do Consello de Facenda (1628).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Especialista en rehabilitación de lesións medulares, foi xefe do departamento de rehabilitación do Hospital Nacional de Parapléjicos e colaborou como experto médico no Laboratorio de Inteligencia Artificial da facultade superior de Informática da Universidad Politécnica de Madrid. Recibiu o primeiro Premio do Inserso de Ayudas para discapacitados (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Administrador. Primeiro vicerrei de Nueva España (1535-1550) e vicerrei de Perú a partir de 1551, contribuíu a organizar o funcionamento da colonia mediante reformas administrativas e fomentando a economía. En 1536 instalou a primeira imprenta do continente americano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Mañufe (Gondomar). Datada no s XVIII, a súa planta ten forma de U, e a á S apenas foi desenvolvida. A fachada presenta unha escalinata con dobre rampla, que remata nun patín, e na parte posterior ten solaina corrida en forma de L. Destaca a cheminea rematada con catro pináculos e conta cun brasón coas armas dos Mendoza.
-
PERSOEIRO
Conquistador. Ocupou diversos postos na Corte de Carlos V e interveu nas campañas de Italia, Alemaña e Austria. Nomeado adiantado do Río de La Plata (1534), fundou o forte Nuestra Señora del Buen Aire, futura Bos Aires, e outras cidades pero, enfermo, decidiu volver á Península Ibérica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico. Deán da catedral de Santiago de Compostela, foi vigairo capitular en dúas ocasións, en substitución de Bertomeu de Rajoy Losada e de Francisco Alejandro Bocanegra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xogador de tenis de mesa. Foi campión de Galicia de todas as categorías individuais e campión de España en individual (1956) e en dobres (1959). Presidente da Federación Galega de Tenis de Mesa, foi adestrador e delegado do Círculo Mercantil de Vigo. Recibiu a medalla de bronce da Federación Española como xogador (1968) e a medalla de ouro como directivo (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Paradela (Meis). Ten dúas plantas e forma de L, e leva anexa unha torre con ameas de tres pisos que conta con acceso ao interior por medio dun portal. Ao seu carón está a capela. Na parte posterior do edificio realizáronse algúns engadidos. Ten pombal circular e hórreo nos arredores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de vide con uvas de cor verde-amarela e acios de tamaño medio.
-
-
Relativo ou pertencente a Moçambique ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Moçambique.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente aos mozárabes ou á súa lingua.
-
Grupo de poboación que conservou a relixión cristiá baixo a dominación islámica da Península Ibérica. Os musulmáns respectaron os cristiáns e os xudeus, que tiñan unha relixión dimnī (‘protexida’). O carácter de comunidade bilingüe dos mozárabes converteunos en fecundos intermediarios culturais entre o mundo musulmán e o cristián. O Califa ‘Abd al-Raḥmān III de Córdoba puxo fin á acción directa dos grupos étnicos e gañou a adhesión dos mozárabes e dos xudeus. A amálgama acentuouse en 980 cando o caudillo Almanzor integrou os mozárabes no seu exército nacional.
-
Lingua románica extinta que empregaban os mozárabes, os muladís e os indíxenas renegados do cristianismo. Os autores árabes denominárona lisan al-’aǧam e, máis concretamente, ‘aǧamīyya ‘lingua dos estranxeiros’. A heteroxeneidade étnico-cultural e lingüística da Península Ibérica motivou que non fose uniforme o latín vulgar que se propagou, diversidade que se acentuou máis polo feito de que non había unha pauta cultural durante a dominación moura. Non había, daquela, unha lingua mozárabe peninsular, senón diversos dialectos rexionais. A sociedade mozárabe era diglósica: coloquialmente empregaban unha fala románica, que non escribían, e todas as vivencias culturais recibíanas en árabe. O lento proceso de arabización cultural e lingüística parece que se consumiu na segunda metade do s XII. As muwaxahas, que conteñen as kharxas en mozárabe son todas do s XI ou comezos do XII. Posiblemente non existiu ningún documento redactado...
-
arte mozárabe
Conxunto de manifestacións artísticas producidas polos mozárabes. Desenvolveuse durante os ss IX e X no N de Castela e ao longo do Cantábrico, aínda que tamén contou con certa repercusión en Andalucía e Aragón. A arquitectura caractarizouse polo emprego de elementos de tradición cordobesa, como as bóvedas complexas ou os arcos de ferradura, enmarcado nun alfiz, e pola variedade de plantas, sobre todo de tipo bizantino e visigodo. As igrexas acostuman ser de pequeno tamaño e destacan Santa María de Melque (Toledo), San Miguel de Escalada (León), San Baudel de Berlanga (Soria), Santa María de Lebeña (Cantabria), Santiago de Peñalba (León) e San Cebrián de Mazote (Valladolid). En Galicia consérvase a capela de San Miguel de Celanova, situada no recinto do que fora o xardín do noviciado do mosteiro de San Salvador de Celanova. Os mozárabes destacaron na realización de miniaturas, en que se aprecia a influencia islámica. A obra máis relevante é o Comentario á Apocalipse, realizado por un monxe...
-
-
Aplícase á liturxia propia dos cristiáns da Península Ibérica antes da introdución do rito romano, chamada tamén liturxia visigótica ou hispánica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comunidade de mozárabes.
-
-
Trazo lingüístico propio da lingua mozárabe.
-
Elemento artístico propio da arte mozárabe.
-
Conxunto de características socioculturais dos mozárabes.
-
-
PERSOEIRO
Compositor austríaco. Os seus dotes musicais prodixiosos foron axiña observados polo seu pai, que decidiu educalo e, á vez, exhibilo, xuntamente coa irmá maior Maria Anna Nannerl, como fonte de ingresos. En 1763 emprendeu unha viaxe grazas á que coñeceu a orquestra e o estilo de Mannheim, a música francesa en París e o estilo galante de J. Ch. Bach en Londres. En Milán coñeceu a G. B. Sammartini, e en Boloña a G. B. Martini. Destes anos datan os primeiros cuartetos para corda, as sinfonías K 183, 199 e 200 (1773), o concerto para fagot K 191 (1774), as óperas La finta giardiniera (1775) e Il re pastore (1775), diversos concertos para piano, a serie de concertos para violín e as primeiras sonatas para piano (1774-1775). En París, onde marchou con súa nai en 1777, estreou a sinfonía K 297 e un ballet. Nos anos seguintes compuxo as sinfonías K 318 e 319 e a ópera Idomeneo, re di Creta (Múnic, 1781), influída por Gluck, que foi a primeira das súas grandes...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. En 1737 estableceuse en Salzburgo, onde foi compositor da corte do arcebispo. Inventou un método para violín que foi utilizado durante medio século e decidiu abandonar a música para dedicarse enteiramente á formación do seu fillo Wolfgang. Das súas obras destacan un concerto para trompeta e orquestra e unha casación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista austríaca, irmá de W. A. Mozart. Coñecida como Nannerl, viaxou polas cortes europeas exhibindo o seu talento e foi mestra de piano en Salzburgo.
VER O DETALLE DO TERMO