Moroza, pazo de

Moroza, pazo de

Construción situada en Paradela (Meis). Ten dúas plantas e forma de L, e leva anexa unha torre con ameas de tres pisos que conta con acceso ao interior por medio dun portal. Ao seu carón está a capela. Na parte posterior do edificio realizáronse algúns engadidos. Ten pombal circular e hórreo nos arredores.

Palabras veciñas

Moroto | morouzo | Morouzo | Moroza, pazo de | morozo | Morpho | Morphy, Paul Charles