"PTE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 160.
-
-
Relativo ou pertencente aos polipteriformes.
-
Peixe da orde dos polipteriformes.
-
Orde de peixes da subclase dos actinopterixios, que comprende especies de auga doce coas aletas peitorais lobuladas e a caudal heterocerca. Só comprende a familia dos poliptéridos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Barco de guerra especialmente preparado para o transporte, a saída e a aterraxe de helicópteros, para a súa reparación ou mantemento, e para o transporte de tropas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘por causa da voda’ e refírese á doazón que fan os pais cando os fillos contraen matrimonio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe osteíctio pulmonado pertencente ao xénero Protopterus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes osteíctios pulmonados, da familia dos lepidosirénidos, da orde dos dipnoos, de distribución africana, con dous pulmóns, que utilizan de forma habitual, especialmente en condicións de falta de osíxeno, e branquias moi reducidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao edificio, en especial ao templo, que está rodeado dunha soa ringleira de columnas: oito nas súas frontes e quince nos laterais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao edificio, en especial ao templo, que ten unha ringleira de semicolumnas arrimadas directamente ás paredes laterais e á posterior da cela. Esta forma, derivada do templo grego, é tipicamente romana.
-
-
Relativo ou pertencente aos psocópteros.
-
Artrópodo da orde dos psocópteros.
-
Orde de artrópodos, da clase dos insectos, que comprende individuos de tamaño moi pequeno, con antenas longas (incluso máis ca o resto do corpo), o aparello bucal mastigador e, ademais dos ollos compostos, poden ter tres ocelos. A cabeza únese ao tórax mediante unha especie de pedúnculo delgado e teñen as ás membranosas, sendo as posteriores máis curtas ca as anteriores. O abdome é voluminoso, de forma cilíndrica e consta de nove segmentos. Preto da boca presenta unhas glándulas sericíxenas que lles permiten envolver as larvas con fíos sedosos. A maioría habitan nas follas das árbores, aínda que tamén se poden localizar no follato da terra, e incluso algunhas especies, como os piollos dos libros, habitan entre as follas dos libros vellos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido del Trabajo de España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de pterosauros formado por individuos co cranio moi longo, aguzado e aplanado, boca enorme, mandíbulas longas en forma de tesoiras e unha crista longa, comprimida e aguzada, que prolongaba o cranio cara a atrás e que lle servía de contrapeso ás mandíbulas. Viviron no Cretáceo.
-
-
Relativo ou pertencente aos pteráspidos.
-
Peixe fósil da familia dos pteráspidos.
-
Familia de peixes fósiles ciclóstomos, propios do Silúrico e do Devónico. Habitaban en augas doces, eran bentónicos, malos nadadores e tiñan o corpo cuberto de placas duras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto heterocíclico de estrutura bicíclica, consistente nun anel de pirimidina unido a un de pirazina por un lado común. Algúns derivados da pteridina (ácido fólico, factor vitamínico do Lactobacillus casei) presentan actividade vitamínica. É un sólido cristalino, soluble en auga e alcohol, que se funde a 140° C. É aromático e presenta carácter básico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fentos, único integrante da familia das hipolepidáceas e cunha única especie, P. aquilinum. O rizoma é de cor escura e bastante profundo, e parten del as frondes. É moi común en Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘fento’.
-
-
Relativo ou pertencente ás pteridófitas.
-
Planta da división das pteridófitas.
-
División de plantas cormofíticas e arquegoniadas con alternancia de xeracións, con predominio da fase diploide. O gametófito haploide, ou prótalo, é pequeno, taloso e de vida curta, e é onde aparecen os anteridios e os arquegonios. A fecundación necesita tamén da auga. Do cigoto fórmase o esporófito diploide, normalmente con raíz, talo e follas. Os feixes condutores están compostos de xilema, con traqueidas, e de floema. A epiderme está revestida dunha cutícula, e as súas células teñen cloroplastos. Os esporanxios a miúdo son epifilos e localízanse en certas follas (esporofilas), idénticas ou máis simples ca as follas normais (tropofilas). Os primeiros fósiles datan do período siluriano. É un grupo intermedio entre os briófitos e os espermatófitos, que representa unha etapa máis na conquista do medio aéreo por parte das plantas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Botánico especializado en pteridoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da botánica que estuda os pteridófitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pteridospermópsido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pteridospermópsido.
-
-
Relativo ou pertencente ás pteridospermópsidas.
-
Planta fósil da clase das pteridospermópsidas.
-
Clase de ximnospermas fósiles que viviron desde o Devónico ata o Cretáceo. Eran plantas leñosas, semellantes a fentos. Non tiñan verdadeiras flores, pero si sementes.
-