pteridófito -ta
(
-
adx
Relativo ou pertencente ás pteridófitas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da división das pteridófitas.
-
s
f pl
[PLANTA]
División de plantas cormofíticas e arquegoniadas con alternancia de xeracións, con predominio da fase diploide. O gametófito haploide, ou prótalo, é pequeno, taloso e de vida curta, e é onde aparecen os anteridios e os arquegonios. A fecundación necesita tamén da auga. Do cigoto fórmase o esporófito diploide, normalmente con raíz, talo e follas. Os feixes condutores están compostos de xilema, con traqueidas, e de floema. A epiderme está revestida dunha cutícula, e as súas células teñen cloroplastos. Os esporanxios a miúdo son epifilos e localízanse en certas follas (esporofilas), idénticas ou máis simples ca as follas normais (tropofilas). Os primeiros fósiles datan do período siluriano. É un grupo intermedio entre os briófitos e os espermatófitos, que representa unha etapa máis na conquista do medio aéreo por parte das plantas.