"RAF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 981.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á batigrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato, tamén chamado BT, que rexistra as variacións da temperatura da auga en función da profundidade. Acada uns 300 m de profundidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato creado polo enxeñeiro francés Édouard Belin (1876-1963) que permite a transmisión a distancia, por medio de circuítos telefónicos, de imaxes fixas ou fotografías.
-
PERSOEIRO
Médico nacionalizado norteamericano. No ano 1980 compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina con G. Snell e J. Dausset. Os seus traballos permitiron caracterizar con máis precisión as reaccións de histocompatibilidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. É un dos pioneiros do cine erótico en Francia. Dirixiu, entre outras películas, Le cri de la chair (O berro da carne, 1962), Cover girls (Modelos, 1965), Le sexe nu (O sexo espido, 1974), Nicole Pardessus, par-dessous (Nicole Pardesus, por debaixo, 1979) e Sexologues en chaleur (Sexólogos acalorados, 1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director. Fundou en Madrid a orquestra que levaba o seu nome (1916), e o primeiro gran coro mixto de Madrid (1918). Foi un destacado pedagogo musical.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e enxeñeiro. Pertence á xeración de 1925, da que é un destacado representante das correntes racionalistas. Logo da Guerra Civil emigrou a Venezuela, de onde regresou anos despois. Foi o autor da colonia do Viso (1931) en Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Catedrático de Química Inorgánica. Exerce como director do Grupo de Investigación de Química Inorgánica da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela. Investigou, principalmente, a química de coordinación con metais esenciais para a vida, a cristaloquímica, a fotosíntese artificial, a química de sistemas supercondutores, a fixación do SO2 con precursores metálicos, os helicatos metálicos miméticos do ADN e o uso de manganoenzimas como catalizadores. Participou en proxectos e convenios nacionais e internacionais sobre a fotosíntese artificial, a desulfuración con complexos metálicos, a modelización teórica e os biomodelos do manganeso. Dedicouse á Pedagoxía e á Historia da Ciencia, contribuíndo á normalización lingüística do galego nas súas publicacións. Entre as súas obras destacan: Carbenos e carbinosarbinos (1983), O patrimonio histórico da Universidade de Santiago de Compostela (1996) e Manual práctico de Química Agrícola (1998). Foi director...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ciencia auxiliar que mediante a busca, a identificación, a descrición e a clasificación de todos os documentos publicados ou reproducidos por procedementos mecánicos, fotomecánicos ou electrónicos, facilita o coñecemento científico ou práctico dunha materia. Pode ser enumerativa ou sistemática cando actúa en extensión, e analítica ou descritiva cando estudia o documento en profundidade. A primeira pode ser xeral, sobre a totalidade dun tema, dunha materia ou dun autor, e especial sobre unha parte. A bibliografía analítica estudia o documento en si mesmo, deixando de lado calquera consideración sobre o seu contido, coa finalidade de reconstruír o seu proceso de produción.
-
Relación sistemática, diversamente ordenada e a miúdo crítica ou razoada, de obras relativas a unha ou diversas materias. Poden ser retrospectivas (coa finalidade de recoller un período determinado) ou correntes (que recollen periodicamente as publicacións actuais). Actualmente, o termo aplícase non só aos textos impresos senón tamén a calquera tipo de obra (mesmo o material audiovisual). Aínda que existen compilacións bibliográficas anteriores, a necesidade do repertorio bibliográfico non aparece, sen embargo, ata o s XV, coa invención da imprenta. Axiña comezaron a aparecer as primeiras bibliografías especializadas (medicina, botánica, patrística, etc). A primeira bibliografía universal é a de Konrad von Gesner, Bibliotheca universalis (1545), e a primeira de ámbito nacional a do inglés John Bale, Illustrium Majoris Britanniae Scriptorum [...] summarium (1557-1559). No s XVII comezan a aparecer as revistas bibliográficas como o Journal des Savants...
-
Conxunto de obras, ensaios, artigos, etc, que foron escritos sobre un tema concreto ou nun período determinado.
-
Lista de obras relativas a un tema determinado e que preceden ou seguen a unha monografía, un artigo, etc.
-
Sección dun xornal onde se anuncian os libros de publicación recente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que fai referencia aos libros ou á bibliografía.
-
-
Persoa especializada en bibliografía, que domina os métodos de descrición material do libro, prepara listas bibliográficas e redacta catálogos.
-
Persoa que escribe sobre libros, trata dos problemas referentes ao autor, á data de impresión, á tipografía, ás edicións, etc.
-
-
PERSOEIRO
Xurisconsulto arxentino. Profesor de Dereito Administrativo na Universidade de Bos Aires desde 1924, agás o período 1952-1955, no que foi separado da cátedra polas súas opinións políticas. É autor de obras como Ciencia de la administración e Derecho administrativo y legislación administrativa argentina, que tiveron influencia en Europa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relación entre a vida e as obras dun determinado autor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á biobibliografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de datación relativa baseado na presenza e estado evolutivo de distintos animais e plantas nun xacemento. Como cada grupo ten un momento de aparición e extinción concreto, combinando eses datos é posible obter cifras bastante aproximadas. Debe completarse coa correlación xeolóxica e os métodos radiométricos para obter idades absolutas.
-
-
Relativo ou pertencente á bioestratigrafía.
-
Superficie de separación entre estratos que indica algún cambio bioestratigráfico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escribir a biografía de alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Historia da vida dalgún personaxe, escollido xeralmente en función da súa actividade ou da súa sona pública. Xénero literario prestixioso, a súa técnica actual é o resultado dunha longa evolución. Son clásicas as biografias: Agricola, de Tácito; as Vidas paralelas, de Plutarco; ou as Vitae Caesarum (Vidas dos Césares, s II) de Suetonio. Na China, o xénero formalizouse con Shiji (Memorias históricas), de Sima Qian. Durante a época medieval escribíronse biografías máis ou menos arremedadas dos clásicos, como a Vita Caroli Magni (A vida de Carlomagno, 820?), de Eginard; outras referidas a persoas destacadas como os Claros varones de Castilla (s XV) de Hernando del Pulgar, e diversas crónicas dos reis da época. O Renacemento e, con el, o Humanismo, comportou os primeiros intentos de individualización e particularización, como é o caso do Trattadello in laude di Dante (Tratado laudatorio de Dante, 1358-1363), de Boccaccio, ou Vite...
-
-
Relativo ou pertencente á biografía.
-
Que contén biografías.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que escribe a biografía de alguén.