"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
PERSOEIRO
Bispo de Arles dende o 546 e vicario pontificio para a Galia. Foi o enlace entre Xildeberto I e Totila, Rei dos ostrogodos e conquistador de Roma. Autor dunha regra monástica que despois foi incorporada á de san Bieito de Aniana. Adoita invocárselle contra a xordeira e os males de oídos, pola asociación popular do seu étimo Aurelius ao de orella
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla librada cerca de Slavkov (en alemán Austerlitz), Moravia (actual República Checa), onde os exércitos de Francisco II e os de Alexandre I de Rusia foron vencidos (2 de decembro de 1805) por Napoleón Bonaparte, que acababa de ocupar Viena. Con esta derrota finalizou a Terceira Coalición e Austria asinou o Tratado de Pressburgo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Fred Astaire (Omaha, Nebraska 10.5.1899 - Los Ángeles 22.6.1987) Actor, cantante e bailarín de teatro, cine e TV. Figura habitual nas comedias dos anos trinta como parella ideal de Ginger Rogers, cambiou cara a un novo estilo interpretativo baixo a dirección de Stanley Donen, Charles Walters e Vicente Minnelli. A fama veulle dada por unha forma de actuar elegante, acompañada de grandes dotes para a danza e o canto, amais de contar cunha capacidade prodixiosa para o baile. Participou nos filmes Fanchon the cricket (1915), Dancing lady (A muller bailarina, 1933), The story of Vemon and Irene Casel (A historia de Vemon e Irene Casel, 1939), The belle of New York (A bela de Nova York, 1952), Daddy long legs (Papá pernas longas, 1955), The notorius landlady (A misteriosa muller de negro, 1962), Imagine (Imaxina, 1973), The towering inferno (O coloso en chamas, 1974), pola que obtivo unha nominación...
-
PERSOEIRO
Escultor, arquitecto e teórico da arte que adoptou o pseudónimo de Filarete. En Florencia traballou na realización das portas do Baptisterio. No Vaticano fixo as portas de bronce de San Pedro (1433-1435), e en Milán (1451) proxectou o Castello Sforzesco e o Ospedale Maggiore. Publicou un libro titulado Trattato d´Architettura (Tratado de Arquitectura).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Representante da tendencia racionalista desenvolta en Italia nos anos sesenta, entre as súas obras cómpre sinalar o compendio de vivendas de Gallaratese, en Milán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Foi profesor en Cambridge dende 1828 e inventor de diversos aparellos científicos, entre os que cómpre salientar o tacómetro, o oftalmoscopio, varias máquinas de cálculo e a primeira máquina programable. En 1822 deseñou unha primeira calculadora mecánica que empregaba a teoría matemática das diferencias finitas. Posteriormente fixo varios deseños para perfeccionala, pero nunca logrou completar a construción desta última, algo que se fixo finalmente en 1991 como homenaxe a el, momento no que se comprobou o seu correcto funcionamento. En 1834 deseñou outra máquina, que chamou aparello analítico, pensada como un enxeño capaz de traballar de acordo coas instrucións almacenadas na súa memoria por medio dunhas tarxetas perforadas. No seu desenvolvemento introduciu conceptos que foron máis tarde empregados nos ordenadores electrónicos. En On the economy of machinery and manufactures (Sobre a economía das máquinas e das manufacturas, 1832) analizou as consecuencias sociais...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Foi profesor en Cambridge dende 1828 e inventor de diversos aparellos científicos, entre os que cómpre salientar o tacómetro, o oftalmoscopio, varias máquinas de cálculo e a primeira máquina programable. En 1822 deseñou unha primeira calculadora mecánica que empregaba a teoría matemática das diferencias finitas. Posteriormente fixo varios deseños para perfeccionala, pero nunca logrou completar a construción desta última, algo que se fixo finalmente en 1991 como homenaxe a el, momento no que se comprobou o seu correcto funcionamento. En 1834 deseñou outra máquina, que chamou aparello analítico, pensada como un enxeño capaz de traballar de acordo coas instrucións almacenadas na súa memoria por medio dunhas tarxetas perforadas. No seu desenvolvemento introduciu conceptos que foron máis tarde empregados nos ordenadores electrónicos. En On the economy of machinery and manufactures (Sobre a economía das máquinas e das manufacturas, 1832) analizou as consecuencias sociais...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, quinto fillo e segundo dos superviventes de Johann Sebastian Bach e de María Bárbara. Ao morrer o compositor Georg Philipp Telemann (1767), obtivo a súa praza de director de música en Hamburgo. Foi o máis admirado dos Bach no seu tempo. É autor do Versuch über die wahre Art, das Klavier zu spielen (Ensaio da verdadeira arte de tocar o clavicémbalo), instrumento para o que ten cerca de duascentas obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Margraviado do Sacro Imperio, do círculo de Suabia, que pertenceu desde 1515 a unha rama da casa de Baden, que agregaría as herdanzas das ramas de Hachberg (1535) e de Baden-Baden (1771).
-
PERSOEIRO
Editor e escritor alemán que ideou e publicou unha serie de guías turísticas coñecidas co seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo e xeógrafo. Estudiou Medicina en Tartu, en Viena e en Würzburg. A partir do 1819 foi profesor na Universidade de Königsberg e, a partir do 1834, ensinou Zooloxía e Anatomía Comparada en San Petersburgo. Descubriu o óvulo dos mamíferos (1827) e o notocordio dos embrións dos vertebrados. Entre o 1828 e o 1837 publicou a súa obra máis importante, Über Entwicklungsgeschichte der Tiere (Historia do desenvolvemento dos animais), coa que, xunto con Untersuchungen über die Entwickelung der Fische (Investigacións sobre o desenvolvemento dos peixes, 1835), estableceu as bases da Embrioloxía. Formulou o chamado principio de Baer.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo protestante. Vangardista da Aufklärung e autor de Neueste Offenbarangen Gottes (Nova revelación divina, 1773-1774), paráfrase do Novo Testamento que lle custou o cargo de profesor en Giessen, e Ausführung und Plan des Zwecks Jesu (Realización e proxecto do propósito de Xesús, 1784-1785), situada na liña naturalista, fai un xuízo sobre a persoa de Cristo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ensaísta, investigador e catedrático de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Publicou estudos sobre a cultura galega e o pensamento filosófico de diferentes intelectuais galegos. Ao redor da figura de Amor Ruibal escribiu El pensamiento de Amor Ruibal: una revisión de la filosofía a la luz de la correlatividad (1968). Ademais, editou a obra de Amor Ruibal Los problemas fundamentales de la filosofía y el dogma (1993) e coordinou o volume colectivo Amor Ruibal en la actualidad (1972). Outras obras súas son Rosalía de Castro entre a poesía e a política (1987) e Descubrindo a Otero Pedrayo (1991). Así mesmo, editou as Obras selectas I e II (1973 e 1983) de Otero Pedrayo e coordinou o libro Pensamento galego I (1977). Dende o seu posto docente promoveu a fundación das licenciaturas de Filosofía, Pedagoxía...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela. O seu traballo de investigación, centrado na historia social e política durante a Idade Media en Galicia, expúxoo en diferentes libros e artigos, entre os que cómpre salientar os seguintes: Defensores e traditores: un modelo de relación entre poder monárquico e oligarquía na Galicia altomedieval, 718-1037 (1988), Do mito á realidade: a definición social e territorial de Galicia na alta Idade Media, séculos VIII e IX (1992), As razóns dun nome: Pobra do Caramiñal (1992), escrito en colaboración con Ana Boullón Agrelo, e Gallegos del año mil (1998). É membro da Sociedade Española de Estudios Medievais e editor-correspondente de Early medieval Europe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista suízo. Foi catedrático de Gramática Comparada e Lingüística Xeral na Universidade de Xenebra, sucedendo a Saussure, do que foi discípulo. Recompilou, coa axuda de Séchehaye, o Cours de linguistique générale (Curso de lingüística xeral, 1916) de Saussure. Alcanzou o recoñecemento científico co Traité de stylistique française (Tratado de estilística francesa, 1909), Le langage et la vie (A linguaxe e a vida, 1913) e Linguistique générale et linguistique française (Lingüística xeral e lingüística francesa, 1932). Bally concibe a Estilística como o estudo dos aspectos afectivos e expresivos da lingua no seu código falado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Asturias e de Girona, fillo de Filipe IV e de Isabel de Francia. Foi elixido no ano 1632 polas Cortes de Castela como príncipe herdeiro, aínda que morreu de varíola antes de acceder ao trono. Retratouno en numerosas ocasións Velázquez e o seu círculo (Baltasar Carlos a caballo, 1634-1635, e Baltasar Carlos cazador, 1635-1636).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista auditor e político. Foi concelleiro socialista en Vigo, director xeral de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia e director do Instituto Galego de Vivenda e Solo da consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas. Así mesmo, foi parlamentario autonómico socialista. Ocupou o cargo de director financeiro nunha empresa viguesa do metal e director financeiro de Feve (2004-2005). Dende 2005 a 2009 foi Director Xeral de Transportes.
VER O DETALLE DO TERMO
-
PERSOEIRO
Arquitecto neoclásico. Iniciou, no 1818, a urbanización da Xénova moderna (antiga Via Carlo Felice e Piazza delle Fontane Marose) e construíu o Palazzo dell’Accademia Lingustica e o Teatro Carlo Felice (1826-1828).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Foi o fundador do grupo pictórico Ancla (1974), do que foi elixido secretario xeral en 1995. Realizou exposicións individuais e participou noutras de carácter colectivo en Galicia e en diversas cidades de España, Portugal e Francia. Escribiu unha monografía sobre Julio Argüelles, editou o Directorio de Académicos 1996 da Real Academia de Belas Artes de Galicia e Un museo para Ferrol, e coordinou Ferrolanos hoy: el barítono Julio Barcón (1996). Así mesmo, fundou e dirixiu as revistas Arte Galicia (1979) e Poesía Galicia (1981). Foi galardoado, entre outros premios, coa medalla de prata do I Salón Militar de Pintura (1981) e co II premio de Pintura Isaac Díaz Pardo (1989). É membro da Asociación Española de Críticos de Arte (1982), da Asociación Internacional de Críticos de Arte (1994) e da Real Academia Galega de Belas Artes (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico inglés. Foi profesor na Universidade de Londres (1909-1913), membro da Royal Society (1912) e profesor de Filosofía Natural en Edimburgo a partir do 1913. Estudiou a radiación secundaria producida polos raios X nos gases e estendeu a súa investigación aos sólidos. Foi Premio Nobel de Física no ano 1917.
VER O DETALLE DO TERMO