Austerlitz, Frederick E.

Austerlitz, Frederick E.

ou Fred Astaire (Omaha, Nebraska 10.5.1899 - Los Ángeles 22.6.1987) Actor, cantante e bailarín de teatro, cine e TV. Figura habitual nas comedias dos anos trinta como parella ideal de Ginger Rogers, cambiou cara a un novo estilo interpretativo baixo a dirección de Stanley Donen, Charles Walters e Vicente Minnelli. A fama veulle dada por unha forma de actuar elegante, acompañada de grandes dotes para a danza e o canto, amais de contar cunha capacidade prodixiosa para o baile. Participou nos filmes Fanchon the cricket (1915), Dancing lady (A muller bailarina, 1933), The story of Vemon and Irene Casel (A historia de Vemon e Irene Casel, 1939), The belle of New York (A bela de Nova York, 1952), Daddy long legs (Papá pernas longas, 1955), The notorius landlady (A misteriosa muller de negro, 1962), Imagine (Imaxina, 1973), The towering inferno (O coloso en chamas, 1974), pola que obtivo unha nominación ao Óscar e Ghost story (Historia de pantasmas, 1981).

Palabras veciñas

Auster, Paul | austeridade | Austerlitz, Batalla de | Austerlitz, Frederick E. | austero -ra | Austin | Austin, John