austero -ra
austero -ra
(< lat austēru < gr αὑστηρός)
-
adx
Que vive, obra ou xulga dunha maneira ríxida, severa ou estrita.
Ex: O réxime austero do internado lembráballe o cárcere.
-
adx
Que reduce os seus hábitos ao necesario e prescinde de comodidades superfluas.
Ex: Era un home austero, as súas escasas pertenzas cabían nunha maleta.
-
adx
Que non fai ningunha concesión ao accesorio.
Ex: A decoración da vivenda era austera, apenas uns cantos mobles ocupaban o espacio.