"Rafael" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 122.
-
PERSOEIRO
Militar. O 1 de xaneiro de 1820, cando era tenente coronel e esperaba coas súas tropas ser embarcado cara a América, rebelouse en Las Cabezas de San Juan e proclamou a Constitución de 1812, que acabou sendo aceptada polo rei. Foi capitán xeneral de Galicia e de Aragón, e Asturias elixiuno deputado nas cortes. Ao producirse a invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, foi feito prisioneiro e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, crítico da arte e deseñador industrial. A súa actividade artística vinculouse ao grupo Atlántica na década de 1980, en cadros en que os signos vexetais ou marítimos están presentes, nunha submisión total ao proceso pictórico en obras de claro carácter atlantista en canto ao cromático e o xestual. Esta xestualidade de carácter expresionista fíxoo herdeiro do Action Paintig americano. Desde o expresionismo da década de 1980 evolucionou cara a unha pintura máis reflexiva, persoal e informalista, liberada de esquemas preconcibidos e canons impostos. Participou en diversas exposicións en Galicia. Destaca a súa obra Nidos de espuma (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo. Profesor titular de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, das súas obras destacan La Transición morfoclimática en la cuenca del Ulla (1982) e La inversión en el sector agropecuario de Galicia: estrutura y objetivos (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e ilustrador. Desenvolveu un estilo neofigurativista cunha importante carga irónica e cunha paleta ás veces cargada de tons agrisados, que dotaron as súas obras dun toque romántico ou misterioso. Nas súas obras diseccionou o máis próximo desde un sentimento que o levou a plasmar afectos e sensacións como escenas, alegorías ou representacións íntimas dos soños nas que amosou a súa capacidade fabulativa. Destacou como debuxante e realizou ilustracións para diferentes publicacións. Da súa produción destaca Desnudo (1988?) e Señor con sombrero (1999). Recibiu o Premio de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Coñecido como Rafael Farina, realizou diversos espectáculos como El cante ya tiene rey (1956) e Arte español (1968). Participou nos filmes Café de chinitas, Puente de Coplas e La Copla andaluza.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, desde 1988 dirixiu o Museo e a Rede de Bibliotecas Municipais de Ponteareas e as revistas Pregón e Soberosum. Colaborador de Compostellanum, Pontenova, Castrelos e outras publicacións, publicou La fiesta de Corpus Christi en Puenteareas: su origen y evolución (1991), en colaboración con Moné Fernández, 100 anos de luz eléctrica en Ponteareas (1995), Rogelio Estévez Cambra (1999), do que foi coordinador, e Vigo medieval: a idade media (2000), en colaboración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, fillo de Rafael Sánchez Mazas. Autor da narración poética Industrias y andanzas de Alfanhuí (1951), deuse a coñecer coa novela El Jarama (1956, Premio Nadal 1955), unha das obras clave da narrativa de posguerra. Posteriormente, a súa obra evolucionou cara ao experimentalismo lingüístico con Las semanas del jardín. Semana primera: Liber scriptus proferetur (1974) e Las semanas del jardín. Semana segunda: Splendet dum frangitur (1974). Publicou os relatos El huésped de las nieves (1982) e El escudo de Jotam (1983), e afondou no ensaio e o artigo periodístico en Mientras los dioses no cambien, nada ha cambiado (1986), os dous volumes de Ensayos y artículos (1992) e Vendrán más años malos y nos harán más ciegos (1993, Premi Ciutat de Barcelona e Premio Nacional de Ensaio). En 1986 publicou a novela El testimonio de Yardoz e posteriormente o ensaio El alma y la vergüenza (2000) e a recompilación...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista. Foi cofundador e membro do Equipo Crónica (València), caracterizado por un novo concepto da pop art. Dado que a base do equipo era a colectividade, a súa repentina morte provocou a fin. Foi moi crítico ante a realidade e os mitos contemporáneos da súa época. Da súa obra destacan Las Meninas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor venezolano. Dirixiu a Escuela de Artes Plásticas Julio Arraga de Maracaibo (1945-1960) e, desde 1950 instalouse en París. Figurativo nos seus comezos, derivou cara ao cubismo e a abstracción xeométrica (Rojo central, 1980; Ambivalencia diagonal virtual, 1985) e o cinetismo virtual (Curvas inmateriales, 1966). Tamén destacan as súas estruturas cinéticas e as obras públicas, como os murais do edificio da UNESCO en París (1970) ou Volumen virtual (1987), para o Centre Pompidou.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Licenciado en Dereito pola Universidad Pontificia de Comillas, foi capelán militar. Abade da colexiata de Santa María do Campo da Coruña, promoveu a creación do seu Museo de Arte Sacra. Presidente da Asociación de Amigos del Museo y de la Colegiata e membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, escribiu, entre outras obras, Juan Pablo II amigo de los jóvenes (1989), Morir con dignidad (1992), Historias de A Coruña (1993), Familia y hogar (1994) e Faro de luz (1997). Recibiu a Medalla de Ouro da Coruña, a Medalla Castelao (1999) e a cruz da orde de San Raimundo de Peñafort.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico e sacerdote, fillo de Mariano Pablo Tafall i Miguel e irmán de Santiago Tafall. Licenciado en Teoloxía pola Universidad de Santiago de Compostela, foi organista nas catedrais de Mondoñedo (1856-1860) e Santiago (1860-?). En 1882 foi nomeado profesor de piano e de elementos de harmonía na Escuela de Música da Real Sociedad Económica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor e político. Licenciado en Filosofía e Letras, foi secretario nacional da Unión de Traballadores do Ensino de Galicia (1978-1983). Militante do BN-PG desde 1979 e do BNG desde a súa fundación, foi deputado no Parlamento galego (1993-2002) e concelleiro no concello da Coruña desde 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Catedrático de Pediatría da Universidade de Santiago de Compostela, foi membro fundador da Fundación Española de Nutrición e membro da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Investigou a nutrición relacionada co metabolismo, a obesidade, o crecemento e o risco de ateroxénese. Escribiu Medicina escolar: manual de reconocimiento médico escolar (1984) e Tratado de nutrición pediátrica (2000). Recibiu o Premio Suárez Perdiguero de investigación en nutrición infantil (1980) e o Premio Sarmiento de investigación científica (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formouse na Escuela Superior de Dibujo y Pintura de Madrid e con Arturo Mélide, con quen colaborou no mausoleo de Cristovo Colón na catedral de Sevilla. En 1900 obtivo a cátedra de Debuxo e trasladouse ao instituto masculino de Santiago de Compostela. Foi profesor da Escola de Artes e Oficios desde 1902 e escultor anatómico da facultade de Medicina da universidade compostelá desde 1904. A súa obra é ecléctica, fundamentalmente obras relixiosas e funerarias, e modernista, con obras decorativas. Destacan as portas da entrada principal de San Francisco el Grande de Madrid con A. Varela, a estatua xacente de Alfredo Brañas no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval, os soportais e a antiga sala da casa de Teléfonos na rúa do Franco, o Santo Cristo dos Aflixidos de Bouzas (Vigo), diversos panteóns en Vigo e os retablos da capela do Rosario en San Domingos de Bonaval e de San Fernando na catedral de Santiago de Compostela. Obtivo, entre outros galardóns,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ditador dominicano. Militar, entre 1919 e 1925 ascendeu de tenente a coronel dentro da Guardia Nacional, corpo que chegou a comandar como xeneral. Colaborou na revolta contra o presidente Horacio Vázquez (1930). Presidente da república (1930-1938 e 1948-1952), coa axuda do exército instaurou unha ditadura e perseguiu á oposición democrática ou liberal. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse con L. Pintos Fonseca e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando cursou as especialidades de pintura, gravado e mural (1956-1961). Completou a súa formación nos Países Baixos, como gravador, e en Italia, como muralista. Evolucionou desde o expresionismo (Compostela, 1978) cara á abstracción e o informalismo, facéndose cada vez máis manifestas as características cubistas (Gaiteiro gris, 1993; Cabeza, 1994) e futuristas. Tendeu a darlle un maior colorido ás escenas (Diálogos, 1984), xogando coa variabilidade de tons e poñendo moito coidado na consecución de texturas. Representou escenas figurativas, con personaxes extraídos do mundo da farándula (Pitonisa, 1993; Trasnos na vila, 1996), como arlequíns, pallasos, monicreques (Soño de marionetas, 1998) ou bailarinas (Danzarinas, 1994), ademais de temas musicais como Liña melódica (1986), Homenaxe a Haydn (1987-1988) e Concerto...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Funcionario colonial, en 1810 uniuse aos independentistas. Foi lugartenente de Simón Bolívar e, en 1830, asumiu o poder tras a dimisión do presidente Pedro Mosquera. Posteriormente foi ministro de Guerra e Mariña (1837-1839 e 1842-1845).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Produtor e guionista. Traballou na produtora de Cesáreo González, Suevia Films, como auxiliar de dirección, conselleiro literario de guións, director xeral de produción e no departamento de publicidade. En 1969 fundou Argumento Films, coa que produciu Más allá del río Miño (1969) e Tres suecas para Rodríguez (1975). Ademais, traballou na escrita de guións como Los felices divorciados, Mi hija, su amante y yo e Un millonario ligón.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concertista e profesor de piano. Formado en Madrid con J. Forns e Conrado del Campo, ampliou os seus estudos en diversos países europeos e EE UU con recoñecidos pianistas, como A. Cortot, Schnabel e Backhaus. A partir de aí iniciou unha ampla xira de concertos que o levou a todo o mundo. Creador e director da serie La aventura de la música, para TVE, foi profesor do Conservatorio de Madrid e director do Liceo Musical de Alcalá de Henares. Recibiu o I Premio de Virtuosismo de Piano do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e político. Foi deputado por Lugo nas Cortes Constituíntes de 1931 polo Partido Radical e despois integrouse en Izquierda Republicana. Tras o levantamento militar de 1936, foi detido e acusado de auxilio á rebelión. Morreu fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO