"Rey" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 205.
-
GALICIA
Alpinista. Coñecida como Chus Lago, realizou expedicións a Kenya (1989) e aos Andes (1990), onde acadou cumios de máis de 6.500 m de altitude e participou na expedición galega ao Annapurna (1991). Un ano máis tarde tomou parte nunha expedición galega ao Everest, coa que conseguiu superar os 7.800 m. En 1997 coroou o seu primeiro “oitomil”, o Cho Oyu (8.201 m). En 1998 fracasou na súa primeira tentativa persoal de subir ao cumio do Everest (8.848 m), pero un ano máis tarde conseguiu culminar a ascensión sen empregar osíxeno complementario, algo que só conseguiran con anterioridade dúas mulleres. O seguinte reto que emprendeu foi a consecución da medalla “Leopardo das neves”, coa que se distingue aos alpinistas que acadan os cinco cumios máis elevados do territorio da antiga URSS, nas cordilleiras do Tian Shan e do Pamir: o Pico Lenin, ou Chon Ton, coroouno en 1993; o Pico Comunismo (7.495 m) subiuno en 2000; o Chan Tengri (7.010 m) superouno en 2001; e no Pobedy (7.439 m) fixo...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Ao comezar a Guerra Civil foi recrutado polas tropas franquistas pero pasouse ao bando republicano e, trala contenda, estivo encarcerado en Ferrol. De regreso a Vigo, especializouse na talla en madeira, e traballou nunha empresa como modelista. Posteriormente dedicouse á cerámica e á pintura ao óleo e realizou a súa primeira exposición en 1947. Perseguido como traidor ao bando franquista, en 1950 marchou a Bos Aires, onde se dedicou á cerámica e traballou como modelista e decorador da casa M.A.P.O. En 1977 regresou a España e instalouse en Palma de Mallorca ata que en 1986 se trasladou á Estrada. Realizou mariñas, nus e maternidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar, fillo de Manuel Llorente Pastor. Xeneral de división, organizou en Cuba a Garda Civil. Desde 1878 ata 1886 foi gobernador militar de Vigo. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Integrante da xeración poética de 1936, foi un asiduo colaborador de publicacións periódicas como o xornal País, de Pontevedra. Militou nas Xuventudes Comunistas Obreiras e, trala guerra, foi correspondente de Radio España Independiente. Nas súas frecuentes viaxes por Francia e diversos países americanos relacionouse coa oposición ao réxime franquista e coa Federación das Sociedades Galegas. Da súa obra, moita dela escrita en castelán a causa da censura, destacan Nacencia. Cuentos y poemas (1950), Vicente y el otro (1968), La noche espera el alba (1971), Un tempo de sol a sol (1971), Non debían medrar (1974), Escolma ferida (1977) e O sol na crista do galo (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Discípulo de Buda. Foi un dos grandes bodhisattva do mahāyāna. Considérase o sucesor de Buda e o salvador do mundo actual, que restaurará por última vez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio de novela curta convocado polo concello do Grove desde 1992, coa colaboración de Sotelo Blanco Edicións. Gañaron este premio obras como Breve crónica universal da clase obreira (2001), de Santiago Jaureguizar, O mono no espello (2002), de Xabier López López e Ácaros verdes (2003), de Pilar Buela Piedra.
-
PERSOEIRO
Fisiólogo francés. Destacou polos seus descubrimentos de aparatos que se destinan a rexistrar graficamente a acción vital de determinados órganos, como o esfigmógrafo ou o pneumógrafo, e de diferentes métodos de cardiografía intracardíaca. Xunto con Élie de Cyon estableceu a lei da constancia do traballo do corazón, que leva o seu nome. Das súas obras destaca La Méthode graphique dans les sciences expérimentales... (1878).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Misal Auriense.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Nuevo León, México, situada nun val fértil, á saída dun paso da Sierra Madre Oriental (1.110.997 h [2000]). É un núcleo industrial, potenciado polas comunicacións ferroviarias con Laredo (Texas, EE UU), Ciudad de México e o porto de Tampico. Conta con industrias siderúrxicas, químicas de ácidos e fibras sintéticas, automóbiles, materiais eléctricos, elaboración de tabaco, cerámica e téxtil. Fundada en 1579, foi evanxelizada por relixiosos franciscanos. Foi pouco importante ata finais do s XIX, cando se fixo chegar o ferrocarril, que impulsou a industrialización.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Verín a partir de decembro de 1935. Dirixido por Arturo Benito Silva, tratouse dunha publicación dedicada á defensa dos intereses locais da comarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Vigo a partir de 1950 a cargo da Editorial Monterrey. Cesou en 1968. Tratouse do catálogo da libraría anticuaria que existiu en Vigo co mesmo nome, propiedade dos irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez e Xosé Viñas, os fundadores da Editorial Monterrey (1950), a futura Editorial Castrelos. Ademais da información do catálogo de publicacións da libraría, incluíu publicidade das coleccións da editorial e artigos, un deles a cargo de Ferro Couselo. Saíu anualmente ata os últimos exemplares, que apareceron con irregularidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso mercedario. Durante o Cisma de Occidente (1378-1417) mantívose fiel a Castela e polo tanto, a Roma. Estableceu varias fundacións e escribiu Martirologio antiguo de la Orden de Nuestra Señora de la Merced.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito e profesor. Profesor do Institut Francès da Universitat de Barcelona, especializouse en toponimia e escribiu poesía e prosa. Dirixiu o Teatre Universitari de Catalunya (1934) e fundou a Societat d’Onomàstica (1980). Da súa produción destacan El naixemente del metre (1956), Els Noms de Lloc. Introdució a la toponímia (1966), Els inmigrants francesos a Barcelona en 1789 (1968) e Toponímia Catalana: assaig de bibliografía (1975). Recibiu a Creu de Sant Jordi (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Saitama, na illa de Honshū, Xapón, situada a 20 km ao N de Toquio (144.335 h [estim 1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Valladolid, Castela e León, regado polo río Trabancos, afluente do Duero (2.163 h [2001]). É cabeza de comarca e os seus recursos económicos proveñen da agricultura, a gandaría e as industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico inglés. Estudou e doutorouse na University of Cambridge. Especializouse no estudo de reaccións químicas ultrarrápidas e das variacións do equilibrio químico baixo pequenos impulsos eléctricos. Destaca o seu artigo “Fifty years of physical chemistry in Great Britain” (1969). Recibiu o Premio Nobel de Química (1967), xunto con George Porter e Manfred Eigen, polos seus estudos sobre as reaccións ultrarrápidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao NL da capital provincial, entre os ríos Tajo e Guadarrama (4.729 h [2001]). É un termo agrícola e gandeiro, con industrias da madeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro libro impreso na Coruña, que editou Antonio Frayz en 1679. Trátase dunha publicación de 320 páxinas de texto, oito delas sen numerar. A portada está orlada e, entre o título e o pé de imprenta, aparece un escudo español da época xunto co copón e a sagrada forma propias da heráldica do antigo Reino de Galicia. Divídese en tres partes, relativas a ordenanzas, cédulas e disposicións, e visitas. Aínda que o libro foi rematado en 1668, non se mandou imprimir ata o 12 de decembro de 1678.
-
GALICIA
Relixioso mercedario. Director da revista Estudios (1945), transcribiu o manuscrito de Tirso de Molina Historia de la Merced (1973-1974) e publicou Un poeta navarro: fray José de la Sierra Vélez (1948) e El ayuntamiento de Madrid y Lope de Vega. Acuerdos sobre Autos Sacramentales y el P. Remón (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Investigador da protohistoria e da mitoloxía de Galicia, a súa obra recolle temas como o esoterismo, a etimoloxía e a toponimia. Elaborou teses non científicas sobre períodos da historia de Galicia que apenas se coñecen, colaborou en publicacións periódicas como Galicia en Madrid e publicou A grande Ibia. Epopeia galega: Proto-historia de Galicia (1982) e Galicia, cuna de la Biblia (1986).
VER O DETALLE DO TERMO