"Rita" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 231.

    1. Substancia ferromagnética de estrutura cristalina composta por óxidos de ferro e outro metal divalente, de fórmula xeral Fe 2 O 3 XO, onde X pode ser Ni, Co ou Fe. Presenta unha permeabilidade e unha resistencia eléctrica moi elevadas e un ciclo de histérese case rectangular. Emprégase en núcleos magnéticos.

    2. Disolución sólida intersticial de carbono en ferro α, con contido máximo en carbono de 0,02%, de estrutura cúbica centrada no corpo. É estable ata temperaturas que dependen da súa composición. É o constituínte máis brando do aceiro, con 90° de dureza Brinell, dúctil, maleable, magnético e de pequena forza coercitiva. Á temperatura de 721°C ten disolto un máximo de 0,035% de carbono, e a 25°C, un mínimo de 0,008%.

    3. Tipo de serpentina cun contido moi grande de FeO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fluoruro de calcio, de fórmula CaF2. Do grupo dos haluros, cristaliza no sistema cúbico, case sempre en cubos ou octaedros. Ten unha dureza de 4 e unha densidade de 3,18. É incolora e transparente cando é pura, pero pode variar extraordinariamente. Fráxil e exfoliable en octaedros. É fluorescente baixo a luz ultravioleta, e ten brillo de vidro. Abundante na natureza, pódese atopar en filóns hidrotermais de temperatura media e alta e, como mineral accesorio, en rochas plutónicas. Emprégase sobre todo na metalurxia, como fundente, para a obtención de ácido fluorhídrico, no tratamento industrial da bauxita e na industria da cerámica. Tamén se denomina espato fluor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de magnesio, de fórmula Mg2SiO4. Termo extremo da serie da olivina, de cor branca, tirando a un verde oliva. Ten dureza 7 e peso específico 3,2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade do apatito amorfo-coloidal, criptocristalina ou finamente fibrosa, que se formou nos procesos sedimentarios. Utilízase sobre todo como fertilizante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestura dos materias que compoñen o vidro para producir o inicio da fusión. Emprégase na realización de esmaltes ou porcelana vitrificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de alimentos fritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • itrificación producida pola caída dun lóstrego en materiais compactos ou que son pouco coherentes e con moito sílice, sobre todo as areas. As fulguritas adoitan ter forma de tubos estreitos, ás veces retorcidos, de diversos centímetros de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha filoniana asquística, é dicir, que o filón pétreo ten a mesma composición química e mineralóxica que a da rocha que a inclúe. A súa estutura é porfírica con fenocristais idiomorfos ou hipidiomorfos e envolta por unha matriz de gran moi fino. A composición mineralóxica é a do gabro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caseta ou torre alta que serve de abrigo e defensa a un sentinela ou vixilante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu nos arredores de Santiago de Compostela. As súas armas traen escudo cortado: primeiro, en campo de ouro, cun triángulo de goles, que ten como base a mesma do cuartel, cargado dun castelo, de ouro; segundo, en campo de ouro, con dez panelas de sinople, colocadas dúas no centro e catro en cada flanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Mourazos e Feces de Cima (Verín) coa de Vilar de Cervos (Vilardevós). O seu cumio acada os 756 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha depositada arredor da boca dun geyser, pouco cohesiva e estalactiforme, composta de sílice (ópalo) e un pouco de alumina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de calcio e de sodio, de fórmula Na2Ca(SO4)2. Cristaliza no sistema monoclínico. Preséntase en agregados en forma de ril, incoloros, pero tamén pode ser branco, gris, amarelo e rosado; é fráxil e de brillo vítreo e sabor salgado. A densidade é de 2,7-2,8 e ten unha dureza de 2,5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de cinc hidratado, de fórmula ZnSO4·7H2O. Cristaliza no sistema rómbico e é incoloro, branco ou marrón. Ten unha dureza 2-2,5 e un peso específico 1,9.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘caldo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emitir gritos.

    2. Falar en voz alta.

    3. Dicir algo en alto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Directora coral. Estudiou no Conservatorio Superior de Música de Madrid e exerceu a docencia. Fundadora e directora do coro de cámara Ars Musicae (1977), dirixiu tamén o Coro Universitario de Santiago de Compostela e a Coral Polifónica do Liceo Marítimo de Vilagarcía, e foi vicepresidenta da Federación Coral Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de manganeso, de fórmula MnS2. Cristaliza no sistema cúbico. É de color parda-vermella ou negra-parda e brillo metálico. Ten dureza 4 e peso específico 3,4-3,5.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao monte Athos ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da rexión monástica do monte Athos.

    VER O DETALLE DO TERMO