ferrita
(< ferr- + -ita)
-
s
f
[FÍS]
Substancia ferromagnética de estrutura cristalina composta por óxidos de ferro e outro metal divalente, de fórmula xeral Fe 2 O 3 XO, onde X pode ser Ni, Co ou Fe. Presenta unha permeabilidade e unha resistencia eléctrica moi elevadas e un ciclo de histérese case rectangular. Emprégase en núcleos magnéticos.
-
s
f
[IND]
Disolución sólida intersticial de carbono en ferro α, con contido máximo en carbono de 0,02%, de estrutura cúbica centrada no corpo. É estable ata temperaturas que dependen da súa composición. É o constituínte máis brando do aceiro, con 90° de dureza Brinell, dúctil, maleable, magnético e de pequena forza coercitiva. Á temperatura de 721°C ten disolto un máximo de 0,035% de carbono, e a 25°C, un mínimo de 0,008%.
-
s
f
[MINERAL]
Tipo de serpentina cun contido moi grande de FeO.