"Román" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 201.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Supervivente do gueto de Cracovia, amosou a ironía e o sentido do absurdo en boa parte da súa obra. Dirixiu Noz w wodzie (O coitelo na auga, 1962), en que analiza as tensións humanas na sociedade socialista, Repulsion (1965) e Rosemary’s Baby (1968), que significou a súa estrea en Hollywood. O asasinato da súa muller Sharon Tate (1969 )motivou o seu regreso a Europa. Da súa filmografía destacan Chinatown (1973), Tess (1979), Bitter Moon (1992), Dead and the Maiden (1994), The Ninth Gate (1999) e The Pianist (2002), con que obtivo a Palm d’Or do Festival de Cannes e o Oscar como mellor director.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento artístico e cultural que seguiu o romanticismo e que conservou algúns dos seus caracteres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao posromanticismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao período artístico anterior ao románico que comprende diversas formas e solucións artísticas e estruturais. Estendeuse desde Carlomagno ata a introdución do románico (ss IX e X), pero pode incluír a arte dos séculos precedentes desde antes da disolución do Imperio Romano de Occidente (s V). Presentou as variantes ostrogoda, lombarda, merovinxia, saxoa, visigoda, carolinxia, otónica, viquinga e irlandesa. Segundo os países, pódense atopar varias solucións artísticas, as de maior personalidade agrúpanse baixo as denominacións de arte carolinxia, asturiana e mozárabe, as dúas últimas na Península Ibérica. A arte carolinxia, de clara vontade monumentalista, ten as súas fontes na arte da antigüidade romana tardía e bizantina, como a capela palatina de Carlomagno en Aquisgrán (790-805). A arte asturiana, propia da monarquía asturiana, é unha reinterpretación das formas do mundo hispánico, romano tardío e visigodo. Destacan San Julián de los Prados (791-842), Santa María del Naranco...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é anterior á época romana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente ideolóxica, artística e literaria que apareceu en Europa durante a segunda metade do s XVIII e na que agromaron as ideas que levaron ao romanticismo. Caracterizouse pola volta ás orixes, sexa aos clásicos, aos nórdicos ou á natureza, e ao sentimento, fronte ás academias e aos racionalismos. Das orixes clásicas grecorromanas partiron os principios da burguesía ascendente; as orixes nórdicas expresáronse na plástica pola volta á arte gótica; e a natureza expresouse plasticamente coa pintura de paisaxes e a moda dos xardíns de estilo inglés. No ámbito literario déronse ademais as características de revolta, desesperación e melancolía, dentro dunhas tendencias formais que se aproximaban a posturas clásicas. Estas actitudes manifestáronse, en Inglaterra e Escocia, na obra de J. Thomson, Young, Richardson, nos pretendidos poemas de Ossián, publicados por Mcpherson, e nos poemas de Th. Gray, W. Collibs, W. Blake e R. Burns. Nos países xermánicos, baixo o influxo dos ingleses, de Diderot...
-
-
Relativo ou pertencente ao prerromanticismo.
-
Seguidor do prerromanticismo.
-
-
PERSOEIRO
Político e xurista italiano. Durante o goberno de G. Andreotti foi ministro de Industria (1978). Dirixiu o Istituto per la Ricostruzione Industriale (1982-1994). Membro da Alleanza Nazionale, en 1995 presentouse como xefe da coalición de esquerdas L’Ulivo, que gañou as eleccións xerais de abril de 1996 e foi nomeado presidente de goberno (1996-1998). Presidiu a Comisión Europea entre 1999 e 2004. Escribiu Sistema economico e sviluppo industriale in Italia (1973), L’Italia che vogliamo (1995) e Un’idea dell’Europa (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceder ou orixinarse unha cousa noutra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de adiviñar o pasado dunha persoa e de predicirlle o futuro mediante o exame das liñas, prominencias e outras características da man. Estreitamente vinculada á astroloxía e á cábala, foi coñecida polos caldeos, exipcios, asirios e hebreos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que practica a quiromancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á quiromancia.
-
GALICIA
Escritor e crítico literario. Doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, é membro fundador da revista Nó da AELG, integrante do consello de redacción de “Faro das Culturas” e colaborador de diversas publicacións literarias, como Grial, Luzes de Galicia e Nordés. No eido do ensaio e a edición crítica publicou De catro a catro e outros textos de Manuel Antonio (1989), Poesía galega de postguerra (1994) e A vixília no Gólgota (1994, Premio Ánxel Fole) e Mesteres de Arcadio López Casanova (1999). No apartado narrativo, ademais da novela O crime da rúa da Moeda Vella (1989, Premio Blanco Amor), en que aparecen certos trazos do xénero negro, publicou os poemarios Retrato de sombra en outono (1981, Premio Celso Emilio Ferreiro 1980), con algúns trazos surrealistas; Nas areias doutro mar (1984, Premio Cidade de Ourense), en que evoca a Borges e Cunqueiro; Extramuros...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao retorrománico.
-
Lingua románica constituída por tres bloques dialectais (occidental, central e oriental), de área descontinua. Esténdese desde San Gottardo ata o Mar Adriático e son, de O a L: o retorrománico occidental ou rético; o ladino ou dolomítico, falado na rexión dos Dolomitas e no Trentino-Alto Adige; e o friulano, falado en Friuli. A pesar da gran fragmentación dialectal, os tres bloques dialectais comparten algunhas características fonéticas: a conservación do -S final latino (lat MURU/MUROS > retorrománico occidental mī/mīrs, retorrománico central mur/mures e retorrománico oriental mūr/mūres); a conservación do -L- dos grupos KL-, GL-, BL-, PL-, FL- iniciais (CLAVEM > occidental klaf, central kle e oriental klaf); e a palatalización de K, G, ante A (CABALLU > occidental chavals, central tšavál e oriental chavál; GALLINA > occidental dylínya, central dyalina ou yarina, e oriental dyalína. En 1885 fundouse a Societad Retoromontscha, que publicou uns Annalas e promoveu...
-
Literatura cultivada nalgún dos dialectos retorrománicos. Dos occidentais, os que teñen máis tradición de cultivo literario son o sobresilvano e o ladino; dos orientais, o friulano. A primeira manifestación escrita é La Chanzun de la guerra dal Chastè d’Müsch (1527), de Gian Travers. O estoupido da Reforma, co enfrontamento contra o latín da Igrexa Católica, foi o estímulo dunha abundante produción literaria de carácter relixioso e apoloxético, con testamentos, catecismos e himnarios recompilados na Consolaziun dell’olma devotiusa (1690). Esta literatura, alternada con crónicas, lendas populares e algún tema clásico, dominou toda a produción literaria ata ben entrado o s XVIII. Durante os ss XVII e XVIII, sobresaen os nomes de Jon Martin, Johan Jüst Ander e o da poeta Mengia Wielanda, xunto coa edición da Biblia de Cuera (1717-19), La Passiun de sumvitg, La Passiun de Lumbrein e a Dertgira nauscha. Na fin do s XVIII, mingua a produción relixiosa...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista fundada por O. Bloch e A. Terracher (1925), órgano da Société de Linguistique Romane. Céntrase nos problemas e métodos da filoloxía e da lingüística románica, especialmente das linguas galorrománicas.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Ornella Muti, deuse a coñecer no filme La moglie più bella (1970). Participou en numerosos filmes, dos que destacan L’ultima donna (1975), Storie di ordinaria follia (1981), Il futuro è donna (1984), The Unscarred (1999) e Vendredi ou un autre jour (2005), e nos últimos anos en diversos filmes para televisión, como Le Comte de Monte Cristo (1998) e Le Lion (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e enxeñeiro, irmán de Xosé Rodríguez de Vicente. Despois de rematar os seus estudos en Alemaña, emigrou a Bos Aires (1907). Afiliouse ao Partido Socialista Argentino (1912), foi secretario da xunta executiva da Federación Socialista da provincia de Bos Aires e deputado na mesma provincia (1914-1916). Dirixiu os xornais La Unión e La Acción, e colaborou en La Nación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo. Doutor en Xeografía e profesor na Universidade de Santiago de Compostela, a súa actividade acádemica e investigadora está vinculada á análise rexional e á ordenación e desenvolvemento territorial. Formou parte de equipos de investigación multidisciplinal dentro do IDEGA e da Secretaría Xeral de I+D da Xunta de Galicia e outros organismos nacionais e internacionais. Coordinou unha Rede Temática Docente financiada pola AECI sobre Desenvolvemento Rural integrada por 6 universidades latinoamericanas. Asesor da Enciclopedia Galega Universal, escribiu Lalín, un proceso de urbanización e desenvolvemento (1995), Estrategias de desarrollo local y regional de Iberoamérica (1999), De aldeas a cidades (1999, Premio da Crítica Galega na modalidade de Investigación 2000) e Xeografía, entre cultura e profesión territorial (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do judeţ de Bačau, en Moldavia, Romanía (82.050 h [1998]). Está situada á beira do río Vltava e é un núcleo industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -