"Sánchez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 140.
-
PERSOEIRO
Médico. Doutor pola Universidad de Madrid, exerceu en Montevideo. Inspirou a constitución do Comité Pro Ejército Español despois da Desfeita de Annual (1921). Escribiu El concepto moderno de la úlcera del duodeno (1910) e La Universidad de Compostela y otros problemas gallegos (1931). Presidiu o Centro Gallego de Montevideo desde 1925. Foi correspondente da Real Academia Galega. Recibiu o título de comendador da Orden de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filóloga. Doutora en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1990), é profesora titular (1993) desta disciplina na Universidade da Coruña. Foi membro do equipo de investigadores do Instituto da Lingua Galega (ILG), onde colaborou no Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa, 1985-1989) e no Arquivo do léxico galego e, desde 1990, é membro do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega (RAG). As súas liñas de investigación son a lingüística galega, en particular a lexicografía e a historiografía, a lingua francesa e a edición de textos medievais. Participou no proxecto de investigación Vocabulario fundamental da lingua galega (1987) e dirixiu e dirixe diferentes proxectos relacionados coa lexicografía e a edición de textos medievais. Formou parte do equipo redactor do Dicionario da lingua galega (1990) e do Dicionario da Real Academia Galega (1997), e participa na elaboración do Dicionario xeral da lingua galega (1997). En relación coa filoloxía francesa,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote. Estudou no seminario conciliar de Tui e licenciouse en Teoloxía e Dereito Canónico. Foi catedrático na facultade de Filosofía do seminario (1871) e abade prior da colexiata de Santa María de Vigo (1880). Rexeitou a vigairía xeral de Santiago de Cuba. Foi redactor desde a súa fundación en 1879 do xornal tudense El Eco del Miño. Publicou Oración fúnebre por las víctimas del barco “Reina Regente” en el Ferrol (1895) e Oración Sagrada al Ilustrísimo Cristo de la Victoria (1895).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta, irmán de Xosé Sánchez Pereiro. Coñecido como Lois Pereiro, formouse no ambiente universitario de Madrid e participou, con Antón Patiño, Xosé M. Pereiro e Manuel Rivas, na creación da revista Loia, onde escribiu diversos poemas que posteriormente foron recollidos en Poemas para unha loia (1996). Formou parte do grupo de poetas da década de 1980 que publicaron o libro colectivo De amor e desamor (1984). Na revista Luzes de Galiza viron a luz os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso. Da súa obra, con temas recorrentes como a morte, o desamor, o odio ou o caos, destaca Poemas 1981/1991 (1992), con composicións caracterizadas pola súa estética próxima ao expresionismo alemán con trazos de existencialismo. Tamén salientan Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995) (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, irmán de Lois Sánchez Pereiro. Redactor de Faro de Vigo e correspondente de El País, foi director de Ondas Galicia-Coruña e delegado de TVE na Coruña. Ademais colaborou con Radio 3 e Radio 4 de RNE e en La Opinión de A Coruña. Autor dos guións de Composteláns, para TVG, e Canal 13, o que vostede se merece, para TVE, participou no volume colectivo Historia da música e a canción galegas (1980), preparou a edición do libro de seu irmán Poemas para unha loia (1997) e escribiu Si home si (2001), en que recompila parte dos seus artigos escritos en La Opinión de A Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bióloga. Doutora en Ciencias Biolóxicas e catedrática de Xenética na facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela. Coordinadora de Investigación e Relacións Científicas no vicerreitorado de Investigación e presidenta da comisión da Biblioteca e do Arquivo Histórico da universidade compostelá, en 2005 foi nomeada conselleira de Educación, en representación do PSdG-PSOE.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Coñecido como Alejandro Sanz e triunfou co seu traballo Viviendo deprisa (1991) e en 1997 lanzou Más, co que conseguiu un enorme éxito. Editou El alma al aire (2000) e No es lo mismo (2003). Foi galardoado con sete premios Grammy Latinos (2001 e 2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humorista. Coñecido como Tip, comezou a súa traxectoria artística no teatro, en 1944, e despois na radio, formando parella con Joaquín Portillo como Tip y Top e, tras a morte deste, en 1969, con José Luis Coll como Tip y Coll. Nesta segunda etapa acadaron un grande éxito no cine, na radio e, especialmente, na televisión, cun humor absurdo e dislocado con trazos semellantes aos de Groucho Marx.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e diplomado en audiovisuais, traballou en El Progreso, onde foi redactor xefe e director adxunto. Correspondente de El País en Lugo (1979-1985), cargo que compatibilizou co seu labor en Radio Lugo e Radio Voz, onde foi xefe de informativos (1998), co tempo incorporouse ao Grupo Voz. Director de La Voz de Galicia (1999-2000), director de Proxectos Editoriais (2000) e director de Opinión (2001), publicou en colaboración, La memoria ajena (1993) e Rumbo variable: diálogos en torno al ‘Prestige’ (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Comezou na fotografía da man do seu pai, Alfonso Sánchez García. Publicou os primeiros traballos en El Heraldo e acadou recoñecemento coa primeira fotografía de ‘Abd al--Karīm na Guerra de Marrocos (1922). Inmortalizou escenas da Guerra Civil como a Batalla de Teruel ou o sitio de Madrid, ademais das campañas en África. Membro da Real Academia de Bellas Artes (1989), a súa obra, e a do seu pai, constitúe o Archivo Alfonso, adquirido polo Estado (1992) e formado por máis de cen mil imaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e avogado. Licenciado en Dereito, desde 2002 é profesor colaborador do MBA da Universidade da Coruña. Militou no PSOE desde 1977, foi alcalde de Betanzos (1983-1985), secretario xeral do PSdG-PSOE (1985-1994) e membro do seu comité federal (1982-1994). Deputado no Parlamento galego (1981-1983, 1985-1997), foi conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas (1987-1990) e presidente do Instituto Galego de Vivenda e Solo (1988-1990). Desde 2004 é deputado no Parlamento europeo. Foi socio fundador da fundación Celso Emilio Ferreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de República Dominicana (1.196 km2; 151.560 h [2002]). A súa capital é Cotuí (37.745 h [2002]).
-
GALICIA
Filólogo e escritor. Colaborou en diversas publicacións, como Anthropos, Insula, Cuadernos Hispanoamericanos e Revista de Occidente. Dos seus traballos destacan unha Selección de artículos (1982), de Larra, Palabras tachadas (1988), El silencio y la música (Premio Anxel Fole 1989) e a guía de lectura La verdad sobre el caso Savolta de Eduardo Mendoza (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Foi conservador do Hospital Real de Santiago de Compostela e cronista da cidade. Fundou e dirixiu El Eco de Santiago, onde escribiu co pseudónimo de Diego de Muros. Escribiu Breve reseña histórica y artística del Gran Hospital de Santiago (1910), El monasterio y templo de Santa María la Real de Sar, único en el mundo por su inclinada construción (1920), e Notas compostelanas. Historia, tradiciones, leyendas, miscelánea (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsulto e político. Foi senador, deputado, fiscal do Tribunal Supremo e ministro de Estado (1905) no goberno de U. Montero Ríos. Es-cribiu La codificación civil en España (1890) e La inmunidad parlamentaria (1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo. Rematou os seus estudos na Escuela Superior del Magisterio de Madrid en 1930, cunha formación inspirada na escola nova. Foi inspector en Pontevedra desde 1932, en 1935, foi trasladado a Zamora, ano en que viaxou a Xenebra para realizar traballos de psicoloxía e pedagoxía experimental e de psicoloxía infantil con J. Piaget e É. Claparède. Discípulo de Domingo Barnés, xunto con Peinado Altable, escribiron Psicología pedagógica. Lo subconsciente y la educación (1932) e Manual de Paidología (3 vol, 1933-1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Catedrático de Histoloxía e Embrioloxía da facultade de Medicina da Universidad de la Laguna, investigou sobre neuropatoloxía, neurihistoloxía ou citoloxía en condicións normais ou patolóxicas. Dirixiu a sección de histoloxía da revista Morfología Normal y Patológica da Universidad de la Laguna e publicou numerosos traballos como Histología de la piel y sus anexos (1976), Neurohistoloxía (1976) ou Anatomía patológica (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1955) e catedrático de Oftalmoloxía desde 1963. Fundou e dirixiu o Seminario de Ofatlmología e a revista Studium Ophtalmologicum. Presidiu a Sociedade Oftalmológica de Galicia (1960) e a Sociedad Española de Oftalmología (1991-1995). Publicou, entre outras obras, Retinopatías vasculares (1971), Atlas de retinopatías vasculares (1972), Conjuntivitis (1992). Recibiu o Premio da Sociedad Española de Oftalmología ao mellor traballo científico (1960), a medalla de ouro do Instituto Barraquer, a Medalla Castelao (1996), a medalla de ouro ao mérito sanitario concedida pola Xunta de Galicia (1999), o título de doutor honoris causa pola Universidade de Coimbra (2000) e o Premio Daza Valdés INCI-Universidad Autónoma de Madrid (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anarquista. Destacada feminista, foi unha das fundadoras da organización libertaria feminina e redactora e directora de Mujeres Libres (1936). En 1938 ocupou a secretaría do consello xeral de Solidariedade Internacional Antifascista.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso e escritor. Foi catedrático de Retórica e Institucións Teolóxicas en Santiago de Compostela, fiscal e xuíz eclesiástico e cóengo da catedral. Foi un dos fundadores da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, que presidiu en 1789, e colaborou na fundación da biblioteca pública no Consulado da Coruña. Defendeu a importancia das artes mecánicas fronte ás liberais ou do pensamento para acadar o desenvolvemento económico, pero defendeu o réxime feudal tradicional e propugnou o mantemento de diferenzas educacionais entre os estamentos privilexiados e a clase popular. Dos seus escritos destaca Memoria sobre los ganados de Galicia (1802).
VER O DETALLE DO TERMO