"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

  • PERSOEIRO

    Crítico, ensaísta e filósofo finlandés. Estudiou na Universidade de Moscova. Integrado nos ambientes revolucionarios, dedicouse á creación literaria e á actividade crítica. Logo dunha época hegeliana, converteuse nun apaixonado materialista que fundou a estética e a crítica realistas. Contrario á arte pola arte e ao intimismo romántico, defendeu a explicación sociolóxica da evolución da arte, o condicionamento do home polas súas circunstancias, o compromiso da literatura e a atención ao espírito do pobo e ás súas fontes literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral romano. Reprimiu a insurrección contra o Emperador Xustiniano, coñecida como Nika, no ano 532. Loitou con éxito contra os vándalos de África (533-534), contra os ostrogodos de Italia (535-540) e, con diversa fortuna, contra os persas; así mesmo, salvou a Constantinopla da ameazante incursión dos hunos (559). Tivo como secretario e conselleiro o historiador Procopio de Cesarea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na parroquia de San Xurxo de Torres (Vilarmaior), sábese da súa existencia grazas a unha doazón do seu abade Pelaio, feita no 1086, ao mosteiro de San Xoán de Caaveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Henriette Rosine Bernard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación común que reciben os dinosauros do xénero Bernissartia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da orde dos crocodilianos, propios de principios do Cretácico. Estes crocodilos podían acadar ata 60 cm de lonxitude e presentaban dentes frontais longos e bicudos, e traseiros anchos e planos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da Europa Oriental que se estende polos vales baixos dos ríos Prut e Dniéster ata o Mar Negro, e que ocupa a maior parte de Moldavia, nunha faixa que se prolonga en dirección NO-SL ao N da conca do Danubio. En total abrangue unha superficie de máis de 45.000 km2, entre os 46°-48° de latitude N e os 28°-30° de lonxitude L. Área de transición entre oriente e occidente, a composición étnica da poboación é moi heteroxénea: a maioría moldava (ou romanesa), que é máis da metade do total e habita principalmente na metade occidental, convive con importantes minorías de ucraínos, rusos, xudeus e búlgaros; os ucraínos e os rusos están establecidos sobre todo na parte oriental. Morfoloxicamente, pódense distinguir dúas grandes unidades: a primeira, ao S, é unha gran chaira cuberta de vexetación esteparia. No centro e no N, o relevo érguese e tórnase máis abrupto, modelado polas incisións fluviais. Malia a súa proximidade ao Mar Negro, a situación occidental do país respecto do litoral...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Botánico. Doutor en Farmacia e licenciado en Ciencias Físico-Químicas. Dende a cátedra do Instituto de Ourense, estudiou o grupo das algas e realizou diversas publicacións, especialmente dedicadas ás algas microscópicas de auga doce. Entre 1905 e 1948 investigou o litoral galego, formando un algario que está depositado no departamento de Botánica da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Publicou: Determinación de los puntos de ebullición y su importancia para el conocimiento de la constitución química de los cuerpos y determinación de pesos moleculares (1908) e Memoria sobre el estudo de las algas (1911), froito da súa estancia en Múnic para coñecer a metodoloxía alemá no estudo dos protistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. De tendencia modernista, traballou na Coruña. Entre as súas principais construcións destacan a igrexa dos xesuítas, o colexio Labaca (1915), o Banco da Coruña (1923) ou o edificio Liñares Rivas (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal, teólogo e humanista bizantino. Arcebispo de Nicea (1437), asistiu ao Concilio de Ferrara-Florencia e asinou a acta de unión coa Igrexa de Roma (1439). Promoveu a cruzada contra os turcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político colombiano. Estudiou Arquitectura e Leis na Universidade de Medellín. Membro do partido conservador, foi ministro de Traballo no gabinete de Guillermo León en 1963 e embaixador en España en 1964. Presidente do 1982 ao 1986, o seu goberno caracterizouse polos intentos de deter a actividade guerrilleira en Colombia. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Iberoamericana en 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos betsimarakas.

    2. Individuo dun pobo betsimisaraka do grupo malgache.

    3. Pobo do grupo malgache que habita a costa L de Madagascar. Os betsimarakas (ó redor de 1.400.000 individuos) divídense en dúas tribos denominadas betsimisaraka-antavaratra e betsimisaraka-antatsimo, que habitan respectivamente no N e no S. Practican unha agricultura de subsistencia, xunto coa pesca e maila gandería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir da biblioteca do Seminario de Estudos Galegos e das doazóns realizadas por Arias Sanjurjo, Varela Limia, Paulino Pedret Casado e Felipe Cordero Canete, que adquiriran a biblioteca de Antonio Couceiro Freijomil, Salvador Cabeza de León e Fernando Alsina. Está formada fundamentalmente por libros de temática galega que sobrepasan os 7.000 volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cultivou a narrativa fantástica ambientada en mundos irreais, con técnicas do absurdo. Con frecuencia, a versión que fai do fantástico constitúe unha parodia do xénero: a estrañeza xorde moitas veces do ángulo humorístico desde o que se contempla o irreal. Foi colaborador asiduo da revista Sur e director da colección policial “El Séptimo Circulo”. Hai que sinalar as súas variadas colaboracións literarias e cinematográficas con Jorge Luis Borges e Silvina Ocampo. En 1990 recibiu os Premios Cervantes e Alfonso Reyes. Publicou: La invención de Morel (1940), Plan de evasión (1945), La trama celeste (1948), Guirnalda con amores (1959), El lado de la sombra (1962), El gran Serafín (1967), Diario de la guerra del cerdo (1969), Historias de amor (1972), e Una muñeca rusa (1991), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repetir, a pedimento do público, a interpretación dunha peza musical, dun fragmento teatral ou doutro espectáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arma primitiva de caza, semellante a unha lanza; consta dun pau que nun extremo leva un ferro de dous palmos de largo, cunha coitela atravesada, cunha punta aguda nun lado e coa figura dunha media lúa no outro. Aínda se usa nalgunhas comarcas galegas, cunha forma un pouco diferente: por un lado ten unha pequena fouce e, polo outro, unha punta inclinada cara a fóra. Esta armazón de ferro vai nun pau de dous metros de largo que adoita ter cravos de cabeza dourada no extremo por onde se colle. Os mozos levábana no ombreiro e con ela ían de noite ás foliadas, fiadeiros, etc. Antano, foi   empregada polas tropas galegas para derrotar o exército de de Napoleón na Guerra da Independencia de 1809.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e histólogo. Foi un dos primeiros en decatarse da importancia médica da microscopia anatomopatolóxica. Publicou o Manuale di microscopia clinica (Manual de microscopia clínica, 1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter relixioso aparecida en Santiago de Compostela no último cuarto do século XX. Contaba con diversas colaboracións como a de Xosé González Paz, quen publicou un traballo titulado “Apuntes heráldicos de canónigos orensanos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marqués de Beccaria. Xurista e economista interesado polas ideas dos ilustrados e enciclopedistas franceses. No tratado Dei delitti e delle pene (Sobre os delitos e as penas, 1764), incluído no índice de libros prohibidos pola Inquisición no 1766, atacaba o dereito penal da época e os procedementos xurídico-policiais. Consideraba que o dano causado á sociedade era o criterio para determinar a responsabilidade penal do criminal; xa que logo, a pena debería ter unha finalidade preventiva e non represiva. Combateu a pena de morte e contribuíu decisivamente á progresiva desaparición das penas corporais, ademais de ser o primeiro defensor da educación como medio para reducir o crime. O núcleo central das súas ideas foi incorporado ao artigo VIII da “Declaración dos dereitos do home e do cidadán”, redactado e aprobado pola Asemblea Nacional Francesa en 1789. Así mesmo, foi profesor de Dereito Público e Economía na Universidade Palatina de Milán (1768-1770). No ano 1792 escribiu un traballo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador italiano. Foi director do Centro Studi d’Arte Preistórica de Pinarelo. Dedicado ao estudo da arte rupestre, colaborou co Instituto Padre Sarmiento na análise das manifestacións rupestres galegas. Entre as súas obras salientan: La mappa litica di Rocio Clapier (O mapa lítico de Rocio Clapier, 1969), Studio metodico-cronologico del repertorio di sculture préhistorice della zona de Fentáns-Galicia, Spagna (Estudio metódico-cronolóxico do repertorio de esculturas prehistóricas da zona de Fentáns-Galicia, España, 1973). Foi distinguido polo Padroado do Pedrón de Ouro co Pergameo de Honra.

    VER O DETALLE DO TERMO