"Sil" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 565.
-
-
Relativo ou pertencente a Brasília ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Brasília.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principio colorante extraído da madeira do brasil. Emprégase en tintas e en tinguiduras de tecidos.
-
PERSOEIRO
Escritor. A partir de 1934 comezou a practicar unha política activista con certos trazos fascistas. Chegou a ser un dos xornalistas máis coñecidos da colaboración con Alemaña durante a Segunda Guerra Mundial. Foi director do semanal Je suis partout (1937-1943). Foi fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral do exército ruso. Participou na campaña dos Balcáns (1877-1878) ao mando dunha división de cabalería. En 1914 participou na Batalla de Galitzia, encabezando ao ano seguinte unha ofensiva contra as forzas alemanas en Mackensen. En 1916 comandou a ofensiva contra o exército dos imperios centrais en Bucovina. Foi nomeado comandante supremo do exército en maio de 1917, despois do cesamento de Nicolao II, pero logo o substituíu Kornilov ante a súa incapacidade para dominar as tropas. Colaborou co goberno soviético, que o nomeou membro do consello consultivo militar en 1920.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. As súas obras reflicten o mundo intimista das mulleres e o ambiente da alta burguesía bonaerense. Publicou: La redoma del primer ángel (1943), El hechicero (1961), Los salvadores de la patria (1965), Los monstruos sagrados (1971) e Los despiadados (1978), entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Momento ou punto principal da dificultade na resolución dun problema ou dun asunto do que se trata.
-
PERSOEIRO
Teólogo bizantino. Desenvolveu unha carreira política a favor de Xoán VI Cantacuceno, co que, xunto co seu amigo Demetrio Cidones, compartiu en dúas ocasións vida monástica. Malia que permaneceu sempre laico, foi proposto para ocupar a sé episcopal de Tesalónica. Foi amigo e partidario dos palamitas, aínda que non entrou de cheo nas polémicas doutrinais. Entre os seus escritos teolóxicos destacan A vida en Cristo e Explicación da divina liturxia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Execucións que tiveron lugar no serán do 26 de abril de 1846 no adro da igrexa de San Estevo de Paleo (Carral), nas que morreron os militares procesados pola súa participación no levantamento de 1846. O tribunal militar, que estaba constituído nun mesón da vila, non tiña o mandato de xulgar os responsables do levantamento, senón que estaba predisposto polas ordes do capitán xeneral Villalonga para fusilar os reos en tres horas. No transcurso do proceso xudicial, que comezara ás 6 da mañá dese mesmo día, o tribunal foi apremiado para que axilizase os trámites: había necesidade dunha acción exemplar diante do resto dos sublevados de Galicia. Os fusilados, que pasaron a ser coñecidos pola historiografía galega como Mártires de Carral, foron os comandantes Miguel Solís Cuetos, Juan Sánchez e Víctor Velasco; os capitáns de infantería Manuel Ferrer, Jacinto Dabán e Fermín Mariné; e os capitáns Ramón José Lloréns, Santiago de la Llave, Francisco Márquez, José Martínez, Felipe Valero e...
-
GALICIA
Escritora. Licenciada en Xeografía e Historia e Filoloxía Hispánica, é profesora de lingua e literatura galegas de ensino secundario. Publicou os libros Un ano de fábula en catro estacións (1994) e As ás de Xenoveva (1996), clasificados como literatura infantil, a colección de relatos Saturno tamén é Deus (1997) e o conto “O nacemento da humanidade”, no libro colectivo Mini.relatos (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Caixón de madeira dividido en compartimentos nos que se meten os ourelos do tear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome feminino relacionado coa voz árabe qa ṣ īda ‘poema’, aínda que tamén se podería tratar dun composto do xermánico hilda ‘loita’. Santa Casilda de Burgos (s XI) invócase contra a histeria feminina e celébrase o 9 de abril.
-
VER O DETALLE DO TERMO
santa (Toledo, s XI - Briviesca, Burgos 9.4.1126) Filla do rei mouro de Toledo Almancrín (1038-1075), converteuse ao cristianismo. De espírito compasivo, alimentaba os prisioneiros cristiáns sen o consentimento do seu pai, pero un día sorprendeuna e preguntoulle qué tiña agochado no mandil; ela díxolle que levaba rosas e flores e, efectivamente, produciuse o milagre e os anacos de pan convertéronse en flores. Foi trasladada cando estaba enferma á lagoa de San Vicente, preto de Briviesca, famosa polas súas curacións milagrosas. Logo de conseguir o remedio do seu mal, fíxose bautizar e levantou unha ermida naquel lugar, onde pasaría o resto da súa vida, entregada á práctica piadosa. En Galicia invócase contra a histeria feminina, como reflicten expresións, populares do tipo “Gárdame, santa Casilda, do madrío ando saída”. Na arte iconográfica leva como atributo persoal unha abada de flores e, ás veces, aparece con coroa real na cabeza. A súa festividade celébrase o 9 de abril.
-
-
-
Figura, obxecto ou espazo de forma cadrada ou rectangular, especialmente cando está estampado sobre unha tea.
-
Armazón, xeralmente de forma cadrada ou rectangular, que sostén algunha cousa polos bordos ou que deixa o espazo para que encaixe algunha cousa.
-
Pintura, debuxo ou gravado non mural, realizado normalmente sobre tea ou táboa e enmarcado.
-
Antiga formación da infantería en figura de cuadrilátero presentando catro caras ao inimigo. Practicábase contra as cargas de cabalería en campo aberto, mentres que coa difusión das cargas de fogo perdeu toda a súa efectividade.
-
-
-
Texto resumido ou gráfico, normalmente encadrado ou esquematizado por medio de chaves ou de casas, que destaca do resto do texto e que pode ocupar unha ou máis páxinas. OBS: Tamén se denomina cadro sinóptico.
-
Exposición oral ou escrita que se realiza con respecto a un determinado tema ou asunto.
-
cadro de financiamento
Presentación, con carácter de recapitulación, do conxunto de movementos de fondo que operou unha empresa no curso dun exercicio económico, no que se detallan as diversas orixes dos recursos obtidos e as aplicacións que se fixeron, en inmobilizado e en circulante. OBS: Chámase tamén cadro de orixe e de aplicación de fondos.
-
-
Armadura metálica dunha bicicleta.
-
...
-
-
-
Acción de compartir.
-
Cada unha das divisións que se fan nun espacio ou lugar para aloxar diferentes persoas ou cousas.
-
-
Cada unha das seccións independentes que ten o casco dun navío para evitar o afundimento aínda que se inunde unha delas.
-
Cada unha das seccións independentes en que se divide algo.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aníbal António Cavaco Silva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de silicatos que comprende aqueles que teñen como unidade estrutural aneis formados por tres, catro ou seis grupos tetraédricos (SiO4)4-. Cada tetraedro enlázase cos adxacentes compartindo un osíxeno e cada anel únese aos outros por medio de catións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de gasterópodos terrestres de cuncha de ata 12 mm de lonxitude, moi alongada e estreita, de cor acastañada escura cos labios brancos. En Galicia é común a especie C. bidentata, presente xeralmente na casca das árbores, en pedregais e nos valados húmidos.
-
PERSOEIRO
Pintor portugués. Influído por Rubens, con quen se relacionou durante a súa estadía en España, e pola escola de Boloña do s XVII, foi un artista recoñecido na Lisboa de finais do XVII. Destacou pola interpretación da súa temática relixiosa baixo as pautas do Concilio de Trento. Foi pintor da corte (1678-1708) e deixou abondosas obras nas igrexas lisboetas de São Roque (Ascenção), Madre de Deus ou Paulistas, así como nas igrexas de Santo Anão (Évora), Nossa Señora da Assunção de Elvas e na de Sesimbra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e arqueólogo portugués. Licenciado en Teoloxía en 1965, doutorouse nas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía en 1987 na Universidade do Porto. Profesor nesta universidade, especializouse en epigrafía e a Idade do Ferro no NO peninsular. Colaborador habitual das revistas Arqueologia, Gaya, Poligrafia e Portugalia, é director da revista Lucerna. Entre as súas obras sobresaen A idade dos metais em Portugal (1983), A cultura castreja no noroeste de Portugal (1986), Idade do Ferro em Portugal (1990), As origens do Porto (1994) e Portuguese Castros: the evolution of the habitat and the proto-urbanisation process (Castros portugueses: a evolución do hábitat e o proceso de protourbanización, 1995). Realizou a catalogación do material arqueolóxico do Museu Municipal de Etnografia e História de Póvoa de Varzim. Foi vogal da comisión nacional de arqueoloxía, membro da comisión científica internacional para o val do Côa, director do Instituto de Arqueologia da Universidade do Porto...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor e tallista. Protexido do arcebispo Gil Taboada, dedicouse á creación de retablos, escudos de tallas e mobles desde 1753. Realizou, entre outras obras, unha custodia para San Martiño de Prado, un retablo para a igrexa de Santa Baia de Onción e un camarín para a igrexa de Souto Longo. Traballou en diferentes estancias do Hospital Real de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO